O CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE COIA AMPLÍA AS SÚAS INSTALACIÓNS EN 820 METROS CADRADOS PARA NOVAS AULAS

  • descarga  O CIFP de Coia, dependente da Xunta de Galicia, desenvolve accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma son a automoción, o naval ou o metal.
  • O centro ten un importante resultado en inserción laboral e dos máis de 400 alumnos e alumnas que acolleu neste ano 2013, ao redor do 18% conseguiu unha contratación nas empresas nas que realizaron as prácticas.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as novas instalacións, onde coñeceu as aulas de microinformática, fotovoltaica ou deseño industrial, entre outras.

Vigo, 11 de novembro de 2013.- O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia conta xa cunha nova área de 820 metros cadrados para novas aulas de formación. Tras o traslado da oficina de emprego de Coia as súas novas instalacións en San Paio de Navia, e co obxectivo de acometer con efectividade a impartición da formación profesional, o CIFP acondicionou a superficie total do centro incorporando esta nova área para destinala as novas aulas das especialidades de microinformática, fotovoltaica e deseño industrial.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada pola directora do centro, Ángeles Cortés, visitou as instalacións ampliadas. Deste xeito, na actualidade dispón de 3.000 metros cadrados interiores e 2.700 m2 de axardinamento e patios.

O CIFP de Coia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, desenvolve accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma son a automoción, o naval ou o metal. Neste senso, programa e imparte cursos de formación dirixidos á fabricación, montaxe e mantemento de bens de equipos e maquinaria industrial, economía verde, de instalacións frigoríficas e de instalacións solares, os cales aportan a cualificación e recualificación necesaria para acadar a inserción laboral dos alumnos desempregados e mellorar a empregabilidade e a competitividade do tecido empresarial.

A finalidade deste centro é favorecer a inserción e reinserción laboral das persoas que perderon o seu emprego, así como mellorar a empregabilidade da nosa poboación activa. Así, o CIFP de Coia conta cun importante resultado na inserción laboral dos seus alumnos e alumnas así como dos que atopan traballo nas empresas nas que realizaron as prácticas.

Deste modo, actualmente, dos máis de 400 alumnos e alumnas que acolleu neste ano 2013, ao redor dun 18% conseguiu unha contratación nas empresas nas que fixeron as súas prácticas. Non obstante, hai que ter en conta que é posible que a cifra poida ser superior xa que en algúns casos non é posible contactar con todo o alumnado.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: