A XUNTA PRESTARÁ MÁIS SERVIZOS PÚBLICOS A TRAVÉS DO NOVO MODELO DE CARTEIRAS QUE OPTIMIZARÁ OS RECURSOS EXISTENTES

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe en Parlamento para explicar os distintos avances que se están dando na materia
  • Mato explicou que este esforzo realizarase especialmente no rural, para facer máis eficientes os espazos públicos e ao mesmo tempo ampliar a oferta
  • Ademais do novo sistema de carteiras, destacou o impulso que se está a dar á coordinación sociosanitaria
  • A modernización tecnolóxica dos servizos sociais a través, por exemplo, dos proxectos de teleasistencia avanzada é outro dos piares desta transformación
  • A prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal son eixos fundamentais para mellorar a calidade de vida dos maiores

Santiago, 12 de novembro de 2013.- O novo modelo normativo de servizos sociais que está a impulsar a Consellería de Traballo e Benestar permitirá habilitar, deseñar e combinar recursos á medida das necesidades das persoas, co que se conseguirá unha atención máis “ampla, diversa, e innovadora”. Isto é, ampliarase o catálogo de servizos sociais públicos coa optimización dos recursos existentes, un esforzo que se centrará especialmente no eido rural para facer máis eficientes os espazos públicos que actualmente non están a pleno rendemento.

Así o explicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa comparecencia no Parlamento galego, na que deu conta dos distintos avances que se están producindo co fin de transformar o actual sistema de servizos sociais nun con maior calidade, máis eficiente e máis sostible.

Para avanzar neste camiño destacou, principalmente, catro liñas de actuación: o novo modelo de carteiras, que abranguerá as área de dependencia, persoas con autonomía, familia e infancia, e inclusión; a modernización tecnolóxica, sobre a que fixo fincapé nos sistemas de teleasistencia avanzada; a prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal; e o impulso á coordinación sociosanitaria.

Sobre o novo modelo de carteiras, precisou que este é “pioneiro e único” en España. Cada unha das catro carteiras estará regulada por un decreto. Este textos terán como obxectivo definir de forma específica os servizos e tamén amplialos. Agora mesmo xa está publicada a da dependencia, e xa se está avanzando na de persoas con autonomía, na de familia e  infancia, e na de inclusión.

As carteiras permiten, fundamentalmente, acadar dúas metas: prestar máis e mellores servizos; e optimizar ao máximo as infraestruturas o que redunda, á súa vez, na sostibilidade do sistema. “Cada persoa ten unhas necesidades propias e específicas e nós queremos ofrecerlles a atención personalizada que requiren. Co desenvolvemento deste modelo, poderemos deseñar un traxe á medida das súas necesidades”, subliñou a conselleira.

Grazas a estas novas normas, o edificio deixará de ser un referente no modelo de servizos sociais, para pasar a dar relevancia ao servizos que se prestan dentro de cada infraestrutura. Isto é, abandonarase a regra xeral de que un edificio equivalía, normalmente, a un único servizo.

Neste sentido, a conselleira citou varios exemplos. Así, a carteira de inclusión permitirá que un centro acreditado como albergue poida, coa nova normativa, ofrecer tamén itinerarios sociolaborais a persoas que non pasen alí a noite, sempre que se acrediten e cumpran os requisitos fixados para poder prestar este servizos. Pola súa banda, a nova norma en materia de familia e infancia promoverá que unha escola infantil, se así o solicita, poida abrir como ludoteca cando remate o seu horario lectivo. Polo tanto, falamos de regulacións “ligadas ás persoas que se atenden, e non ás infraestruturas”.

Isto permitirá tamén atender a un maior número de usuarios, xa que as instalacións abrirán as súas portas a persoas que necesitan o servizo, pero que ata agora non eran beneficiarios directos da instalación.

Coordinación sociosanitaria

Mato destacou a necesidade de ofrecer aos cidadáns unha “atención integral, a través dun sistema sanitario e social perfectamente coordinados”. Para conseguilo, creouse unha Comisión interdepartamental neste sentido.

 

Nesta área un dos avances que xa está en marcha é o acceso por parte dos centros residenciais de maiores e persoas con discapacidade ao IANUS, a plataforma dixital que xestiona a historia clínica. O obxectivo é que antes de fin de ano todos os centros sociosanitarios públicos que dispoñan de persoal sanitario poidan acceder e escribir toda a información  dos pacientes nesta historia clínica electrónica.

 

Outra actuación que se realizou nesta área foi a atención coordinada aos pacientes cun trastorno mental crónico, estabilizados desde o punto de vista sanitario. Un total de 70 pacientes internados en unidades hospitalarias de rehabilitación foron trasladados a residencias públicas, favorecendo a calidade de atención e contando sempre con apoio sanitario.

 

Mato destacou outras ferramentas na coordinación entre Benestar e Sanidade como o Plan marco de atención sociosanitaria, ou a estratexia de cronicidade.

 

Prevención da dependencia

Outra das catro liñas principais de actuación na transformación dos servizos sociais é a prevención da dependencia. Galicia ten por primeira vez unha Estratexia para a detección precoz da dependencia, que contén un total de 400 medidas. Con esta folla de ruta consolidarase, ademais, o enfoque preventivo como eixo transversal das políticas sociais na comunidade autónoma. O envellecemento activo e a prevención será tamén un dos obxectivos fundamentais da carteira de servizos para persoas con autonomía na que xa está traballando en diálogo co sector.

 

As novas tecnoloxías son outro piar fundamental. Ao respecto, téñense desenvolvido estudos e programas con socios europeos para intercambiar experiencias e desenvolver estratexias comúns. Ao mesmo tempo, tense avanzado en proxectos de teleasistencia avanzada a través de programas como MiAvizor, Sam-TV ou Telexerontoloxía.

 

Nesta mesma liña, o Goberno galego vén de definir o Plan de modernización tecnolóxica de servizos sociais. A través do Plan Trabe destinaranse uns 8 millóns de euros á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos con tres obxectivos: garantir a sostibilidade do sistema; incrementar a súa capacidade de dar cobertura; e modernizar a xestión para reducir as tarefas administrativas.

 

En definitiva, rematou Mato, todos estes cambios obedecen a un obxectivo único: mellorar a calidade de vida das persoas e o seu benestar, especialmente dos que máis o necesita; ao tempo que se garante a sositiblidade do sistema e se acada a máxima eficiencia.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: