AXENDA // MONUMENTA PRESENTA UNHA FIN DE SEMANA DE OBRADOIROS E CONCERTOS EN CENLLE E CHANTADA

CONTINÚA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO

 

OBRADOIROS E CONCERTOS EN CENLLE E CHANTADA

MONUMENTA: difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico. 

Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende divulgar algunhas intervencións executadas recentemente, para que sexan coñecidas e aproveitadas polo conxunto da cidadanía, a do propio lugar e a que teña interese por coñecer o patrimonio e a súa conservación lograda co esforzo de todos. E faino a través dunha proposta de dinamización artística destes espazos coa participación da cidadanía, para descubrir e promover colectivamente os nosos monumentos, as nosas tradicións e paisaxes como grandes referentes do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Un mes intenso de actividades por toda Galicia

Do 9 de novembro ao 8 de decembro de 2013 desenvolveranse diferentes actividades que conectan a creatividade artística, a diversión compartida e a aprendizaxe vinculada á restauración e conservación do patrimonio.

 

Igrexa de San Miguel de Osmo, Cenlle (Ourense)

Sábado 16 de novembro

 

Imágenes integradas 1

16:30 Obradoiros para familias sobre restauración de pinturas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar

17:30 Concerto da Rondalla Alfaia de Cenlle

 

A actividade en Cenlle comeza pola tarde, nun espazo de encontro para aprender, compartir e falar. Tamén para recuperar a memoria e que os máis novos a coñezan. E a media tarde, comeza a festa. A Asociación Cultural Alfaia naceu no ano 2002 froito das inquietudes musicais dun grupo de afeccionados á música. Na actualidade o grupo está formado por doce membros (tres bandurras, catro laúdes e cinco guitarras) dirixidos por D. Francisco Villalonga Baños, un profesional da música con máis de corenta anos de experiencia na ensinanza dos instrumentos de pulso e púa.

O repertorio da formación é moi variada e abrangue melodías populares, clásicos intemporais da música e cancións de tuna, mostrando que o grupo non é unha rondalla ao uso, senón unha formación de carácter ecléctico.

 

Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Chantada (Lugo).

Domingo 17 de novembro

Imágenes integradas 2

16:30 Obradoiros para familias sobre restauración de pinturas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recolleran, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar.

17:30 Concerto da Coral Polifónica de Chantada. Entrevista e diálogos coa coral a cargo de Xurxo Souto

A programación de Monumenta en Santa María de Miño convida a achegarse a primeira hora da tarde ao labor de recuperación das pinturas desta igrexa de Chantada. O encontro permitirá tamén compartir a memoria das vivencias vinculadas a este lugar.

Unha hora despois, a música vén da man da Coral Polifónica de Chantada. Esta agrupación musical foi fundada en xullo de 1964 polos veciños de Chantada xunto co párroco Modesto Fernández Rodríguez, que foi director da Coral ata 1992. Na actualidade conta con 34 compoñentes que traballan baixo a dirección de Marcos Fernández Varela, veciño da localidade.

Ao remate da actuación, Xurxo Souto, cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica, establecerá un diálogo cos integrantes da coral que permitirá afondar no traballo desta.

 

MONUMENTA CONTINÚA…

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: