O ISSGA OFRECERÁ ASESORAMENTO E UNHA MAIOR ESPECIALIZACIÓN ÁS MUTUAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR PESQUEIRO

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, asinou hoxe en Rande un protocolo de colaboración con Fremap e Asepeyo
  • No marco deste acordo, celébrase hoxe un seminario sobre actuacións preventivas en busques de pesca destinado aos técnicos de riscos laborais das mutuas

Redondela (Pontevedra), 12 de novembro de 2013.- A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, asinou hoxe en Rande un protocolo de colaboración coas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fremap e Asepeyo co obxectivo de optimizar as actuacións en prevención de riscos laborais no sector pesqueiro.

Con este acordo preténdese, por unha banda, proporcionar unha maior especialización e unha actualización, tanto normativa como técnica, ao persoal das mutuas e, por outro lado, poñer a súa disposición os documentos que o ISSGA posúe en materia de prevención de riscos laborais no sector pesqueiro para que poidan ser utilizados polas mutuas nas visitas que realizan de asesoramento aos buques. As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social teñen a obriga de aplicar un plan xeral de actividades preventivas na planificación anual das súas actividades, no que se desenvolven actuacións en prevención de riscos laborais no sector pesqueiro, consistentes en visitas a buques para prestar asesoramento técnico nesta materia.

A directora do ISSGA explicou que entre as actuacións previstas no marco do protocolo asinado destaca un seminario sobre as actuacións de asesoramento preventivo nos buques de pesca destinado aos técnicos das mutuas. A formación que se imparta neste seminario, que se celebra hoxe no centro do ISSGA en Pontevedra, permitiralles identificar os riscos e realizar un asesoramento técnico que mellore as condicións de seguridade das embarcacións e, desta forma, manteña e incremente a saúde dos pescadores.

 

Os encargados de impartir este seminario serán José Antonio Rodríguez Arribe, xefe do centro do ISSGA en Pontevedra, e Diego Castro Balboa, técnico de prevención especializado no sector da pesca do mesmo centro. Na acción formativa participará unha vintena de técnicos de diversas mutuas.

Quinzá-Torroja destacou que o ISSGA leva a realizar un traballo “moi importante e especializado” en materia de prevención de riscos laborais no sector pesqueiro colaborando coas confrarías galegas e os servizos de prevención mancomunados na execución de plans de investigación, asesoramento e formación polo que afirmou que o Instituto conta nestes momentos con técnicos especializados nesta materia.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: