Archive | noviembre 15, 2013

A XUNTA PROMOVE O COOPERATIVISMO NO EIDO CULTURAL E DESTACA O SEU POTENCIAL PARA POÑER EN MARCHA PROXECTOS NESTE ÁMBITO

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, clausuraron hoxe unha xornada centrada nesta fórmula empresarial
  • O obxectivo da iniciativa foi explicar aos interesados as liñas de apoio que se prestan desde a Rede Eusumo, así como as medidas de respaldo ao emprendemento cultural que está poñendo en marcha a Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Santiago, 13 de novembro de 2013.- O Goberno galego está a promover o modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural, co fin de mostrar o seu potencial á hora de desenvolver novos proxectos neste ámbito.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, clausuraron hoxe unha xornada centrada nesta fórmula empresarial, que se desenvolveu na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O formato da iniciativa foi dinámico, e centrouse especialmente en mostrar diversas iniciativas de éxito. Así, as intervencións de carácter explicativo combináronse coa presentación de diversas experiencias. Cabe destacar tamén que a xornada contou coa actuación musical do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago, unha entidade constituída como cooperativa.

Grazas a este evento, os interesados obtiveron información sobre os servizos que presta a rede Eusumo, así como tamén se abordaron as particularidades do modelo cooperativo e a súa adaptación a iniciativas empresariais no ámbito da cultura.

Na xornada tamén se trataron as liñas de apoio ás persoas emprendedoras que está poñendo en marcha a fundación Cidade da Cultura. A iniciativa contou coa participación de representantes das cooperativas Grupos Mus21 (Madrid), Culturactiva (Santiago), O Cable Inglés (Vigo) e o Conservatorio Histórico de Santiago, que explicaron as súas vivencias como cooperativas do sector.

 

Alberto García-Alix, nominado al Premio de Fotografía Deutsche Börse 2014 por el libro Autorretrato

El premio, uno de los más destacados del mundo del arte, reconoce lo más destacado en fotografía del año, ya sea una exposición o publicación

Alberto García-Alix comparte nominación con Jochen Lempert, Richard Mosse y Lorna Simpson

Autorretrato es una publicación que descubre una parte clave de su obra marcada por el carácter autobiográfico

Más información: www.lafabrica.com | thephotographersgallery.org.uk

 

JUEVES, 14 DE NOVIEMBRE DE 2013

Alberto García-Alix ha sido nominado al Deutsche Börse Photography Prize 2014 por el libro Autorretrato, editado por La Fábrica. Presentado por la Photographers’ Gallery de Londres, el galardón está dotado con 30.000 libras esterlinas y reconoce a un fotógrafo vivo de cualquier nacionalidad por un cuerpo específico de trabajo en forma de exposición o publicación que haya contribuido significativamente a la fotografía en Europa entre octubre de 2012 y septiembre de 2013. Alberto García-Alix ha sido nominado junto a Jochen Lempert, Richard Mosse y Lorna Simpson. El ganador se anunciará en la Photographers’ Gallery, el 12 de mayo de 2014.

Más información sobre el premio aquí

Alberto García-Alix ha sido nominado por el libro Autorretrato, un trabajo en blanco y negro que contiene más de 150 fotografías desde sus primeros autorretratos de la década de los 70, a las fotografías de fragmentos de su cuerpo y los lugares que forman parte de sus vivencias. El libro permite seguir la evolución de la lectura del concepto del género que García-Alix ha realizado a lo largo de sus más de 30 años de carrera.

Lee la nota de prensa del libro aquí

O Xurado valorou o Plan de Ordenación do Litoral, en vigor dende o ano 2011

 descarga (2) O Xurado valorou o Plan de Ordenación do Litoral, en vigor dende o ano 2011, porque “representa un instrumento indispensable para a constitución dun marco normativo estable de protección do litoral de Galicia”

  • Destaca o modelo territorial propio que reflexa o documento, que xorde desde o convencemento de que protexer non é só prohibir, senón xestionar un territorio ordenando os seus usos
  • A recuperación do Casco Vello de Vigo lévase a cabo a través do Consorcio creado en 2005 pola Xunta, que aporta o 90% do financiamento, e o Concello de Vigo, co 10% restante
  • A Bienal premia a súa labor como “motor dun proceso de rehabilitación integral, arquitectónico, urbanístico, económico e social”
  • Ademais premiouse o novo concello de Lalín na categoría de símbolos cívicos; e o Museo das Peregrinacións, na de reconversión e reutilización de edificios

Madrid, 14 de novembro de 2013.- Galicia foi unha das protagonistas nos premios da duodécima edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo celebrada hoxe en Madrid, posto que catro dos quince galardóns entregados polos arquitectos españois, o 26% do total, recaeron en proxectos realizados nesta comunidade autónoma.

Concretamente, o máximo recoñecemento dos profesionais do sector da arquitectura e o urbanismo premiou os seguintes proxectos galegos: o Plan de Ordenación do Litoral (POL), na categoría de ordenación do territorio e a paisaxe; a recuperación do Casco Vello de Vigo, na categoría de revitalización e transformación de centros urbanos; o novo concello de Lalín, na de símbolos cívicos; e o Museo das Peregrinacións de Santiago, na categoría de reconversión e reutilización de edificios. Todos eles contaron coa participación da Xunta de Galicia, especialmente os dous primeiros.

Os galardóns son convocados polo Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, en colaboración co Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e a Fundación Caja de Arquitectos e a  Unión de Agrupacións de Arquitectos Urbanistas (UAAU).  O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recolleu esta tarde os galardóns concedidos aos dous proxectos nos que a Xunta de Galicia ten protagonismo directo como principal promotor: o POL e a rehabilitación da zona histórica da cidade de Vigo. O acto estivo presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor.

 

Plan de Ordenación do Litoral

O Plan de Ordenación do Litoral, elaborado e aprobado pola Xunta e en vigor dende o ano 2011, foi premiado porque “representa un instrumento indispensable para a constitución dun marco normativo estable de protección do litoral de Galicia, que permite avanzar cara a unha sociedade máis xusta e competitiva pero tamén máis comprometida coa sustentabilidade e a paisaxe no marco dun novo modelo territorial propio, dinámico e innovador”.

 

Para a Bienal “o POL xorde desde o convencemento de que protexer non é só prohibir, senón que consiste en xestionar un territorio ordenando os seus usos e atendendo á súa configuración natural e antrópica así como aos seus procesos e dinámicas”.

 

Non é esta a primeira distinción obtida polo POL, que xa conta co recoñecemento das Nacións Unidas como boa práctica ambiental.

 

Casco Vello de Vigo

En canto  á recuperación do Casco Vello de Vigo, proxecto liderado polo Consorcio Casco Vello, do que forman parte a Xunta de Galicia co 90% do financiamento e o Concello de Vigo co 10% restante, o xurado destaca que se trata “dunha peza emblemática da cidade, xurdida da relación co mar desde que os romanos instaláronse nel e comerciaron a través do seu porto”.

 

Lembra a situación de marxinalidade e degradación na que se atopaba, en especial a súa parte alta, cando en 2005 creouse o Consorcio “co obxectivo de servir de motor dun proceso de rehabilitación integral, arquitectónico, urbanístico, económico e social”.

 

A recuperación do Casco Vello de Vigo xa obtivo diversos galardóns no ámbito da arquitectura. O último deles, o outorgado no apartado de vivenda polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) ao abeiro da súa rehabilitación no cuarteirón Ferraría-San Sebastián da parte alta do barrio histórico.

 

Novo concello de Lalín e Museo das Peregrinacións

O xurado da Bienal tamén distinguiu hoxe outros dous traballos desenvolvidos en Galicia: o Museo das Peregrinacións, na categoría de reconversión e reutilización de edificios; e a nova Casa do Concello de Lalín, na de símbolos cívicos.

 

O edificio consistorial lalinense foi deseñado polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla e inaugurado o pasado mes de setembro, logo de recibir o impulso das distintas administracións, en particular de diferentes departamentos da Xunta de Galicia. Ademais de ofrecer mais e mellores servizos municipais os cidadáns, estase a converter tamén nun referente arquitectónico da vila.

 

En canto ao Museo das Peregrinacións, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, é, segundo a Bienal,  “un camiño cara unha visión de Santiago e da Catedral que aproveita o existente e é respectuosa co entorno”.

MAÑÁ 15 DE NOVEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ESTENOPHOTO

descarga (1)  Exposición Fotográfica: Estenophoto

Do 15 de novembro ao 13 de decembro, exposición do colectivo Arte_k3 en Detrás Do Marco.

Iria Cruz, Sara Priego, Sara Cernadas, Kike Martínez, Marcos Faria e Tony Vacas.

Un percorrido pola fotografía estenopéica.

Inauguración Venres 15 ás 20:30.

A XUNTA DE GALICIA AMPLIARÁ O COMEDOR E CREARÁ UNHA AULA DE PSICOMOTRICIDADE NO CEIP DE CEDEIRA, EN REDONDELA

  • descarga  O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron hoxe un encontro co alcalde do Concello, Javier Bas.

Redondela, 13 de novembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo unha obra de reforma no CEIP de Cedeira, en Redondela, co obxectivo de ampliar a súa superficie para comedor e crear unha aula de psicomotrocidade.

Esta mañá, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron un encontro co alcalde do Concello, Javier Bas, para concretar o proxecto e determinar as fases nas que se levará a cabo dita actuación.

A obra de reforma e ampliación do CEIP de Cedeira ten por obxectivo a adaptación do centro á lexislación vixente, tanto no referente ao cumprimento da normativa de accesibilidade como ao programa de espazos, coa ampliación de superficie para comedor e a creación dunha aula de psicomotricidade.

 

Para isto se acometen dúas liñas de actuación: por unha banda a reorganización interior do centro actual e por outra a ampliación do mesmo, aproveitando o espazo cuberto existente na fachada este. Esta ampliación, cunha superficie construída de 155,55 m2,albergará o novo comedor e a aula de psicomotricidade.

 

Esta actuación proporcionará:

  • Un novo comedor máis espacioso e adecuado ao número de alumnos do centro.
  • Espazo para aula polivalente e de psicomotricidade.
  • Liberación de accesos e lugares de almacenaxe mediante a redistribución de certos espazos.
  • Novo local para ANPA.
  • Dotación de aseos propios en aulas de infantil.
  • Mellora da accesibilidade do centro, con ramplas de acceso e creación dun novo aseo adaptado para uso de minusválidos.

 

O importe destas obras, contempladas nos orzamentos para 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ascende a 100.738,96 euros.

 

O CEIP de Cedeira conta con 96 alumnos e alumnas e nos últimos anos realizáronse distintas obras nas súas instalacións coma a reforma da instalación eléctrica, a reparación dun muro e cuberta, entre outras.

Èxit rotund de la segona edició de la fira Orígens / Éxito rotundo de la segunda edición de la feria Orígens

La segunda edición de la feria Orígens cierra sus puertas con éxito rotundo
news_post_origen_2013

Orígens se consolida y se convierte en la feria líder de los productos de proximidad

Orígens, la Feria Agroalimentaria de Productos de Calidad celebró el 9 y 10 de noviembre su segunda edición en Olot, superando con creces las expectativas.

Organizada por Pep Palau, von Arend & Associats y promovida por eI Institut Municipal de Promoció de la Ciutat de Olot, acogió durante todo el fin de semana, más de 90 productores procedentes de toda Cataluña y también de las Baleares y el País Valenciano estuvieron atendiendo directamente a los visitantes de la feria entre los que cabe destacar un nutrido grupo de profesionales de la restauración.

Una vez más, la calidad, la variedad -más 350 productos diferentes- y la proximidad fueron las señas de identidad de Orígens que vendió un 20% más de tiquets de degustación que en el 2012, superando este año los 30.000. Los expositores ya han mostrado su satisfacción y han manifestado la voluntad de estar presentes en una nueva edición teniendo en cuenta que el evento es una gran plataforma de promoción para los pequeños productores que priman, ante todo, la calidad de sus productos.

El programa de actividades, al más puro estilo Fòrum Gastronòmic, ofreció numerosas sesiones de cocina en directo protagonizadas por primeras figuras de la cocina: Fina Puigdevall de Les Cols, Nandu Jubany de Can Jubany, Artur Martínez del Capritx, Quim Casellas de Casamar, Jordi Juncà de Ca l’Enric, Màrius y Joan Jordà de Emporium, Joan Cuadrat de El Claustre de Palera, Miquel Aldana de Tres Macarrons, Xavier Sagristà de Mas Pau, Fabián Martín de Pizzería Fabián y el colectivo de Cuina Volcànica. Todos ellos elaboraron distintas propuestas con un denominador común, el uso de productos de calidad y del territorio.

El Aula de Degustación acogió varias sesiones en las que el visitante pudo conocer de primera mano y degustar distintos productos presentados por los mismos productores; desde quesos de Mas Rovira, vinos DO Empordà o productos con azafrán de Aromis, además de tres sesiones dedicadas a productos del colectivo Gustum, entre otros.

En el Aula de los Niños los más pequeños se sintieron protagonistas con talleres de fruta, chocolate, pan y ensaladas. Todas las sesiones contaron con un 100% de ocupación.

En referencia a la procedencia de los visitantes, hay que destacar, además de los procedentes de la Garrotxa, la elevada afluencia de público de comarcas vecinas, del área metropolitana de Barcelona y también del sur de Francia.

Cabe destacar también el impacto económico que la feria tuvo en la ciudad, repercutiendo en la ocupación hotelera y de restaurantes.