A XUNTA DE GALICIA AMPLIARÁ O COMEDOR E CREARÁ UNHA AULA DE PSICOMOTRICIDADE NO CEIP DE CEDEIRA, EN REDONDELA

  • descarga  O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron hoxe un encontro co alcalde do Concello, Javier Bas.

Redondela, 13 de novembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo unha obra de reforma no CEIP de Cedeira, en Redondela, co obxectivo de ampliar a súa superficie para comedor e crear unha aula de psicomotrocidade.

Esta mañá, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron un encontro co alcalde do Concello, Javier Bas, para concretar o proxecto e determinar as fases nas que se levará a cabo dita actuación.

A obra de reforma e ampliación do CEIP de Cedeira ten por obxectivo a adaptación do centro á lexislación vixente, tanto no referente ao cumprimento da normativa de accesibilidade como ao programa de espazos, coa ampliación de superficie para comedor e a creación dunha aula de psicomotricidade.

 

Para isto se acometen dúas liñas de actuación: por unha banda a reorganización interior do centro actual e por outra a ampliación do mesmo, aproveitando o espazo cuberto existente na fachada este. Esta ampliación, cunha superficie construída de 155,55 m2,albergará o novo comedor e a aula de psicomotricidade.

 

Esta actuación proporcionará:

  • Un novo comedor máis espacioso e adecuado ao número de alumnos do centro.
  • Espazo para aula polivalente e de psicomotricidade.
  • Liberación de accesos e lugares de almacenaxe mediante a redistribución de certos espazos.
  • Novo local para ANPA.
  • Dotación de aseos propios en aulas de infantil.
  • Mellora da accesibilidade do centro, con ramplas de acceso e creación dun novo aseo adaptado para uso de minusválidos.

 

O importe destas obras, contempladas nos orzamentos para 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ascende a 100.738,96 euros.

 

O CEIP de Cedeira conta con 96 alumnos e alumnas e nos últimos anos realizáronse distintas obras nas súas instalacións coma a reforma da instalación eléctrica, a reparación dun muro e cuberta, entre outras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: