Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

Martes 19 de novembro ás 18.40 na Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás. Auditorio do Edificio CINC)

O martes 19 de novembro, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia nunha cerimonia na Cidade da Cultura.
O acto dará comezo ás 18.40 h e será o presidente da Xunta de Galicia o encargado de lle entregar o galardón ao Presidente da Fundación Penzol, D. Alfonso Zulueta de Haz.
A distinción foi outorgada o pasado día 11 de xullo e coincide cun ano no que conmemoramos o 50 aniversario da Fundación e o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, quen foi o seu director durante moitísimos anos.
Este galardón vén encher á familia da Fundación Penzol, así como a do Grupo Galaxia, de ledicia, ao tempo que volve lembrar o mandado recibido, por Fermín Penzol, polo propio don Paco, e por tantos outros que axudaron a crear e nutrir Galicia, ao respecto de seguírmonos esforzando para que a nosa cultura, a nosa lingua, e todo o que significamos, nunca desapareza. Porque, ademais, ese será o único xeito no que teremos un futuro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: