MATO SALIENTA QUE O NOVO MODELO DE CARTEIRAS OFRECERÁ UNHA ATENCIÓN PERSONALIZADA A TRAVÉS DUN “MENÚ FLEXIBLE” DE SERVIZOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na IV Mesa de debate “O sociosanitario e a dependencia”, que organiza a Federación Empresarial da Dependencia (FED)
  • Durante a xuntanza, expuxo a representantes do sector os avances que está realizando o departamento en materia de dependencia e atención social
  • Fixo fincapé na necesidade de seguir impulsando tanto a coordinación sociosanitaria, como o enfoque preventivo
  • Tamén destacou a importancia de aproveitar as novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas

Santiago, 18 de novembro de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, salientou hoxe que o novo modelo de carteiras permitirá ofrecer unha atención personalizada segundo as necesidades das persoas ao ofrecerlles a posibilidade de dispoñer dun “menú flexible de servizos perfectamente definidos. Isto é,  un traxe a medida”.

Así o explicou hoxe durante a súa participación na IV Mesa de debate “O sociosanitario e a dependencia”, que organiza a Federación Empresarial da Dependencia (FED). No encontro tamén estivo presente –entre outros representantes do sector- o presidente desta entidade, José Alberto Echevarría, e o presidente da Fundación Economía e Saúde, Alberto Giménez.

Durante a xuntanza, a responsable autonómica expuxo aos participantes os avances que o departamento está realizando tanto na área de dependencia en particular, como no eido da atención social en xeral.

“Galicia volve ser pioneira. Témonos convertido na primeira comunidade en apostar por un cambio de modelo normativo na área social destas características e calado”, destacou Mato, en referencia ás catro carteiras de servizos que está a impulsar a Consellería: a das persoas con dependencia; persoas con autonomía; infancia e familia; e de inclusión.

Destas catro, a primeira en entrar en funcionamento ten sido a destinada ao colectivo con dependencia, que entrou en vigor o pasado 1 de novembro. Esta nova ferramenta permite que nun mesmo centro poidan prestarse “cantos servizos se autoricen, sempre tendo en conta a capacidade das instalacións e as esixencias de persoal”.

Isto é, supérase o “concepto tradicional” de que un edificio equivale a un único servizo. Por exemplo, ata agora unha residencia só ofrecía servizos para os seus residentes. Ao pasar de acreditar centros a acreditar servizos, a carteira permite abrir as portas das instalacións a persoas que actualmente non as están usando. Con todo, Mato precisou que cada colectivo disporá dos seus propios recursos, que se autorizarán por separado baixo condicionantes específicos de persoal ou arquitectónicos.

A conselleira non só falou do cambio de modelo, senón que tamén destacou a necesidade de seguir impulsando a coordinación sociosanitaria na atención á dependencia, e de continuar fomentando a prevención.

Para avanzar nesta liña, puxéronse en marcha distintas ferramentas como a Comisión Interdepartamental, a Estratexia de cronicidade ou o Plan Marco de atención sociosanitaria.  En canto ao enfoque preventivo, apuntou que unha das prioridades é que, ao concepto “curar”, se lle engada “coidar e previr”. Este é un dos obxectivos da Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia, que se puxo en marcha este ano, e que conta con 400 medidas. Prevese que estas actuacións axudarán a retrasar a dependencia de 4.000 galegos de aquí a 2020.

Xa para rematar, a titular do departamento autonómico sinalou que é necesario aproveitar as novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida dos galegos, en especial daqueles que están en situación de dependencia. Para conseguilo, a Xunta vén de definir o Plan trabe, que destinará 8 millóns de euros á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: