PRESENTACIÓN EN VIGO DA NOVA NOVELA DE FRANCISCO CASTRO ‘O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE’

Boletín O corazón da branca de neve_page1_image1  Mañá martes 19 de novembro, presentarase ás 20 horas na Casa do Libro de
Vigo, a nova novela de Francisco Castro, O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE. O
autor estará acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e o director de
edicións de Galaxia, Carlos Lema.

INTRIGA A RITMO TREPIDANTE E EDITORIAL GALAXIA NOVIDADES  FRANCISCO CASTRO O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2013, 136 páxinas
P. V. P. 1 3 € IVE incluído
Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres
humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades.

 

A PRIMEIRA HISTORIA DO INSPECTOR HERMIDA
UN CASO DE ROUBOS DE BEBÉ
E MAFIAS DE TRÁFICO DE SERES HUMANOS
rancisco Castro (Vigo, 1966) é escritor e editor. En 2010 foi elixido presidente da Asociación
Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Responsable dunha abondosa produción, entre
os seus títulos destacan obras como Xeración perdida ou Spam, coa que gañou o premio
Blanco Amor en 2005, ou In vino veritas.
Entre outros galardóns, literarios e como articulista, recibíu en 2007 o Premio de Novela Manuel
García Barros, coa novela As palabras da néboa.
No eido da narrativa infantil e xuvenil gañou tres veces o Premio Frei Martín Sarmiento que con-
ceden os escolares aos mellores libros do ano. Para este chanzo de idade publicou varios libros,
entre outros, Chamádeme Simbad (2009), que entrou na lista de Honra do IBBY, e, con Fina
Casalderrey, O neno can, obra incluída dentro da Lista de IBBY de Oslo para os mellores libros
sobre o tratamento da discapacidade.
Varias das súas obras están traducidas a linguas como o portugués de Brasil, italiano, catalán,
castelán…
Dende o seu blogue A Canción do Náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org
) mantén aberto un espazo arredor da creación literaria e asuntos de interese político e social.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: