EL AULA CEMIT DEL CONCELLO DE PORRIÑO ORGANIZA UN CURSO SOBRE EL USO DE LAS REDES SOCIALES
Las clases se impartirán los días 26, 27 y 28 de noviembre y 2, 3, 4 y 5 de diciembre de 17.00 a 19.00 horas
Las personas interesadas en participar deben dirigirse a la propia aula, situada en el Multicentro de Torneiros, llamar al teléfono 986 348 944, enviar un correo electrónico acemit.oporrino@xunta.es o acceder a la web https://cemit.xunta.es
O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE AFIRMA QUE A XUNTA XA INFORMOU AOS CONCELLOS SOBRE O CANON DE SOGAMA PERO RECIBIRÁ DE NOVO AOS ALCALDES CANDO O SOLICITEN POR MEDIO DA FEGAMP
- Explicou que a Xunta “estivo e estará en primeira liña para pedir ao Ministerio de Industria unha sensibilidade especial para as plantas de valorización de residuos urbanos, posto que están a prestar un servizo público”
- Afirmou que os cambios que se están a levar a cabo no sector eléctrico teñen como obxectivo resolver o déficit tarifario herdado, que se multiplicou por trece entre 2004 e 2011
- “Sogama non ten afán de de lucro. Se temos marxe para aplicar no futuro baixadas do canon o faremos, como non temos máis remedio que aplicar a suba agora como consecuencia so necesario equilibrio das contas da sociedade”
- Afirmou que se se acada a media de reciclaxe que se está a rexistrar no ámbito estatal, os concellos galegos obterían tres millóns de ingresos adicionais grazas á recollida separada de residuos como papel, plásticos, cartón ou vidro
Santiago, 20 de novembro de 2013-. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe que no seu departamento aínda non se recibiu ningunha solicitude de alcaldes para falar de Sogama, e adiantou que “nesta consellería temos por norma atender a todo o mundo. Loxicamente, calquera cuestión que xurda no ámbito municipal debe estar canalizada a través da FEGAMP, polo que cando chegue esa petición atenderémola como é a nosa obriga”.
En todo caso, lembrou que “sobre esta cuestión a Xunta xa trasladou hai tempo aos concellos a situación de Sogama” e a necesidade de equilibrar as súas contas debido aos cambios no sector eléctrico, co obxectivo de garantir a súa sostibilidade no tempo.
Nunha rolda de prensa organizada para presentar unha campaña sobre reciclaxe, Hernández explicou que a Xunta “estivo e estará en primeira liña para pedir ao Ministerio de Industria un tratamento e unha sensibilidade especial para as plantas de valorización de residuos sólidos urbanos, posto que sen lugar a dúbidas están a prestar un servizo público”.
O conselleiro afirmou que os cambios que se están a levar a cabo no sector eléctrico por parte do Estado teñen como obxectivo resolver o déficit tarifario herdado dos executivos anteriores, e lembrou que dito déficit estaba cuantificado no ano 2004 en algo máis de 2.000 millóns de euros e que en 2011, no cambio de Goberno, multiplicárase por trece.
O responsable de Medio Ambiente asegurou tamén que “Sogama non ten ningún afán de de lucro e polo tanto se temos marxe para aplicar no futuro baixadas do canon o faremos, como non temos máis remedio que aplicar a suba agora como consecuencia so necesario equilibrio das contas da sociedade”.
Agustín Hernández participou esta mañá na presentación dunha campaña divulgativa para mellorar as cifras de reciclaxe en Galicia, na que afirmou que se se acada a media de reciclaxe que se está a rexistrar no ámbito estatal, os concellos galegos obterían tres millóns de ingresos adicionais grazas á recollida separada de residuos como papel, plásticos, cartón ou vidro.
O CERTAME XUVENTUDE CREA, O MAIOR EVENTO ARTÍSTICO DA MOCIDADE GALEGA, REMATA ESTA EDICIÓN CO RECOÑECEMENTO AOS 72 PREMIADOS
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe na gala final, durante a que se entregaron os diplomas aos gañadores das 11 especialidades
- Máis de 300 novos creadores tomaron parte este ano no concurso
- Como novidade, o xurado estivo composto por empresarios e profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados co obxectivo de por as creacións en contacto directo co mundo empresarial
Santiago, 20 de novembro de 2013.- O certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, puxo hoxe punto e final á edición deste ano cunha gala na que se entregaron os diplomas aos 72 premiados das 11 especialidades do concurso.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe neste acto que tivo lugar en Santiago de Compostela. Aproveitou a súa intervención para felicitar non só aos 72 gañadores, senón tamén aos 300 participantes que presentaron as súas obras este ano. “Porque, por riba de todo, o que hoxe estamos a celebrar nesta galega é a creatividade, a ilusión e a vitalidade da mocidade galega”, salientou.
Neste sentido, a titular autonómica resaltou que o “potencial de futuro da mocidade constitúe un dos meirandes activos de Galicia, porque o máis importante que unha sociedade pode desexar é o capital humano”.
Por iso, subliñou que a Xunta de Galicia seguirá poñendo á disposición dos mozos e mozas as ferramentas e apoio necesarios para que poidan desenvolver os seus valores e capacidades. E, entre estes valores, fixo unha especial mención á creatividade xuvenil “en todas as súas disciplinas e expresións”.
Por iso, o certame abrangue un total de 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias. A modalidade con máis obras presentadas ao concurso é a de artes plásticas cun total de 65, seguida por relato breve con 37 e poesía con 30.
Foi un xurado o encargado de determinar, entre as obras presentadas, cales merecían os primeiros premios. Nesta edición, como novidade, o xurado estivo composto por empresarios e profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no certame, de xeito que se favoreceu que os participantes puxeran as súas creacións en contacto co mundo empresarial de forma directa.
Cada unha das especialidades conta con tres premios: un primeiro dotado de 3.000 euros; o segundo de 1.500; e o terceiro de 1.000 euros. Ademais, as obras premiadas participarán en exposicións colectivas ou serán presentadas, segundo corresponda, no marco do Circuíto Galego de Creatividade Xuvenil que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Ademais, os premiados en teatro e música terán a oportunidade de representar as súas creacións nunha serie de actuacións por distintos concellos galegos. En concreto, os que obteñan o primeiro premio contarán con dúas actuacións; mentres que os segundos e terceiros clasificados actuarán nunha cada un deles. Cabe lembrar tamén que os primeiros clasificados en artes plásticas poderán participar en exposicións colectivas incluídas no Circuíto da creatividade.
No certame de Xuventude Crea participan mozos e mozas galegos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación é sempre a título individual. Todas as obras son en galego, orixinais e inéditas.
Noticia Partido Popular
O GRUPO POPULAR LEVARÁ AO PLENO ORDINARIO DA VINDEIRA SEMANA DÚAS PROPOSTAS PARA IMPULSAR O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS E REXEITAR AS RESTRICIÓNS DA PESCA EN AUGAS PROFUNDAS
O vindeiro luns terá lugar outra sesión plenaria para debater as emendas á totalidade presentadas polos grupos da oposición aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2014
- · Dos 28 puntos que integran a orde do día desta sesión ordinaria, 22 foron propostos polos grupos da oposición, fronte a 4 do Grupo Popular e 2 do Goberno galego
- · Estes datos poñen de manifestou que “o Parlamento e a oposición están perfectamente capacitados tanto para traer os temas que consideren oportunos como controlar e impulsar ao Goberno”, dixo Pedro Puy.
- GONZALO TRENOR ACUSA Á DEPUTADA SOCIALISTA BEATRIZ SESTAYO DE ACCEDER E TOMAR IMAXES NO CAPD SANTIAGO APÓSTOL DE A CORUÑA SEN A DEBIDA AUTORIZACIÓN DOS RESPONSABLES DO CENTRO
O deputado popular afirmou na Comisión 1ª do Parlamento que “os dereitos dos deputados non poden incluír o menoscabo aos dereitos dos demais, e menos dos que precisan ser especialmente protexidos”
- · “Temos dereito a visitar instalacións da Administración Autonómica, pero non do xeito que o realizou a deputada socialista, xa que tampouco poderíamos entrar nos quirófanos dun hospital ou interromper unha clase sen máis, sen solicitalo”, indicou Trenor
- · Indicou que as obras levadas a cabo neste centro “permiten unha atención as 24 horas do día, os 365 días do ano, prestar un mellor servizo con recursos mellor organizados e máis profesionalizados, incrementándose o grao de ocupación de 74 persoas fai dous anos ás 93 na actualidade”.
O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE O CAMBIO NA APORTACIÓN DA PRESTACIÓN FARMACÉUTICA NON SUPUXO PERDA DE ADHERENCIA AO TRATAMENTO POR PARTE DOS PACIENTES
O portavoz de Sanidade, Miguel Santalices, dixo que “o aplicativo da receita electrónica observa que non se ten producido repercusión asistencial algunha nin modificación terapéutica”
- · Santalices reiterou que o Real Decreto 16/2012 supuxo “unha modificación na achega farmacéutica, pero non un cambio de modelo do sistema de financiamento da sanidade, que continúa financiándose a través dos impostos”.
-
El Grupo Popular propone que se aproveche la obligada adaptación de la ordenanza del taxi para modernizar el servicio, como ya han hecho en otras ciudades
- El concejal del PP, Marcos Araújo, asegura que el “el sector está ahora mismo por los suelos debido a la crisis y a la falta absoluta de apoyo e iniciativas del gobierno municipal”.
- “El plazo de un año para elaborar la nueva ordenanza, de acuerdo con la normativa autonómica, ya ha vencido y no se ha hecho nada para actualizarla”, denuncia Araújo.
- “En Vigo viven más de medio millar de familias directamente del sector del taxi, que está completamente abandonado: los ingresos no llegan y el coste se encarece cada vez más”, subraya el edil del Partido Popular.
- La propuesta del Grupo Popular, para mejorar el sector, abarca tanto a la prestación del servicio como a las tarifas, la aplicación de nuevas tecnologías, el aprovechamiento turístico de los vehículos, la homogeneización de los mismos o la implantación del taxi-bus.
MIGUEL SANTALICES AVOGA PORQUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE AVALÍE DE XEITO URXENTE A SECCIÓN DE CIRURXÍA PEDIÁTRICA DE OURENSE, ESPECIALMENTE NO EIDO DOS RECURSOS HUMANOS
O portavoz de Sanidade do Grupo Popular indicou que, “a partir deste estudo, poderanse adoptar as decisións que correspondan para garantir a adecuada asistencia aos pacientes”
- · “Hai que determinar cal é a situación, porque de un tempo a esta parte empezaron a xurdir determinados problemas, tanto na programación cirúrxica como na cobertura urxente”, manifestou.