O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE AFIRMA QUE A XUNTA XA INFORMOU AOS CONCELLOS SOBRE O CANON DE SOGAMA PERO RECIBIRÁ DE NOVO AOS ALCALDES CANDO O SOLICITEN POR MEDIO DA FEGAMP

  • Explicou que a Xunta “estivo e estará en primeira liña para pedir ao Ministerio de Industria unha sensibilidade especial para as plantas de valorización de residuos  urbanos, posto que están a prestar un servizo público”
  • Afirmou que os cambios que se están a levar a cabo no sector eléctrico teñen como obxectivo resolver o déficit tarifario herdado, que se multiplicou por trece entre 2004 e 2011
  • “Sogama non ten afán de de lucro. Se temos marxe para aplicar no futuro baixadas do canon o faremos, como non temos máis remedio que aplicar a suba  agora como consecuencia so necesario equilibrio das contas da sociedade”
  • Afirmou que se se acada a media de reciclaxe que se está a rexistrar no ámbito estatal, os concellos galegos obterían tres millóns de ingresos adicionais grazas á recollida separada de residuos como papel, plásticos, cartón ou vidro

Santiago, 20 de novembro de 2013-. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe que no seu departamento aínda non se recibiu ningunha solicitude de alcaldes para falar de Sogama, e adiantou que “nesta consellería temos por norma  atender a todo o mundo. Loxicamente, calquera cuestión que xurda no ámbito municipal debe estar canalizada a través da FEGAMP, polo que cando chegue esa petición atenderémola como é a nosa obriga”.

En todo caso, lembrou que “sobre esta cuestión a Xunta xa trasladou hai tempo aos concellos a situación de Sogama”  e a necesidade de equilibrar as súas contas debido aos cambios no sector eléctrico, co obxectivo de garantir a súa sostibilidade no tempo.

Nunha rolda de prensa organizada para presentar unha campaña sobre reciclaxe, Hernández explicou que a Xunta “estivo e estará en primeira liña para pedir ao Ministerio de Industria un tratamento e unha sensibilidade especial para as plantas de valorización de residuos sólidos urbanos, posto que sen lugar a dúbidas están a prestar un servizo público”.

O conselleiro afirmou que os cambios que se están a levar a cabo no sector eléctrico por parte do Estado teñen como obxectivo resolver o déficit tarifario herdado dos executivos anteriores, e lembrou que dito déficit estaba cuantificado no ano 2004 en algo máis de 2.000 millóns de euros e que en 2011, no cambio de Goberno, multiplicárase por trece.

O responsable de Medio Ambiente asegurou tamén que “Sogama non ten ningún afán de de lucro e polo tanto se temos marxe para aplicar no futuro baixadas do canon o faremos, como non temos máis remedio que aplicar a suba  agora como consecuencia so necesario equilibrio das contas da sociedade”.

Agustín Hernández participou esta mañá na presentación dunha campaña divulgativa para mellorar as cifras de reciclaxe en Galicia, na que afirmou que se se acada a media de reciclaxe que se está a rexistrar no ámbito estatal, os concellos galegos obterían tres millóns de ingresos adicionais grazas á recollida separada de residuos como papel, plásticos, cartón ou vidro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE AFIRMA QUE A XUNTA XA INFORMOU AOS CONCELLOS SOBRE O CANON DE SOGAMA PERO RECIBIRÁ DE NOVO AOS ALCALDES CANDO O SOLICITEN POR MEDIO DA FEGAMP”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: