A CIG convoca unha concentración de apoio @s traballador@s despedid@s do San Xerome o luns 25 en Vigo

A concentración realizarase con antelación ao inicio do xuízo

A CIG convoca unha concentración de apoio @s traballador@s despedid@s do San Xerome Emiliani o vindeiro luns 25 de novembro ás 9:30 horas nos Xulgados de Vigo.

A concentración celebrarase antes de se iniciar o xuízo polos despedimentos no San Xerome o pasado 5 de abril. Catro despedimentos que a CIG-Ensino denunciou desde o primeiro momento como represión sindical, despois de lle ter gañado á empresa unha demanda de conflito colectivo, que a obrigou a repoñer @s traballador@s as condicións que tiñan antes da modificación substancial das condicións de traballo promovida pola empresa sen negociación c@s delegad@s de persoal.

Esta mesma semana as e os traballadores concentráronse silenciosamente ás portas da empresa, quen nun alarde de tolerancia, como aos que xa nos ten habituados, pechou a cal e canto as portas do centro e obrigou traballador@s e usuari@s a entrar por un caleixón que non reúne as condicións axeitadas.

A CIG-Ensino xa puxo en coñecemento das Administracións competentes este feito, para que inspeccionen se un caleixón de terra sen achanzar é o lugar axeitado para o acceso das persoas con discapacidade, algunhas delas en cadeira de rodas, e se houbo inseguridade para as usuarias e usuarios ao obrigalos a entrar por este camiño.

A CIG-Ensino tamén se vai interesar por se a empresa comunicou esta modificación ás autoridades administrativas e aos pais e nais ou titores legais d@suusuari@s e contaban coa súa aprobación.

O xuízo celébrase este 25 de novembro, despois de ter que solicitar un aprazamento ao non entregar a empresa a documentación económica riquirida polo Xulgado con meses de antelación.

O letrado da CIG defenderá a nulidade e, subsidiariamente, a improcedencia do despedimento e esixirá a readmisión das persoas despedidas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: