Pablo Díaz Hoxe sábado ás 18 horas na Casa do Libro

EDITORIAL GALAXIA

Anuncia o concerto acústico de  Pablo Díaz

Hoxe sábado ás 18 horas na  Casa do Libro

Espectáculo familiar para cantar e bailar na tarde do sábado

Pablo Díaz ofrécenos este sábado na Casa do Libro, nun espectáculo familiar, un pequeno concerto acústico para presentarnos TOC TOC, o seu novo libro-disco editado por Galaxia. Un mollo de cancións cheas de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos rollos e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais e todas esas cousas que nos axudan a facer un mundo mellor. Un espectáculo musical pensado para toda a familia, e do que gozarán todas e todos, en especial os máis pequechos da casa, que non van parar de cantar e bailar durante todo o espectáculo.
Pablo Díaz, acompañado dos seus músicos, leva moitos anos presentando as súas propostas musicais por toda Galicia, e alí onde vai, enche os auditorios. Algunhas das súas cancións son xa himnos para moita rapazada que descubre que os animais falan, que as estrelas cantan, e que todo, todo, está cheo de música e felicidade.
Unha gran oportunidade para pasar un día distinto chamando, TOC TOC, á porta da alegría.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: