Momentum Project recluta ideas en Vigo
Vigo es la primera ciudad gallega que albergará un encuentro de esta plataforma social
AJE, con la colaboración de la Fundación Barrié, organiza una jornada en la que participan ESADE y BBVA, y que reunirá emprendedores sociales y mentores de Momentum Project
Vigo, 26 de noviembre de 2013.- Vigo es la primera ciudad gallega que albergará un encuentro sobre Momentum Project, programa puesto en marcha por BBVA y ESADE, con la colaboración de la Fundación PwC, para impulsar el emprendimiento social. La Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE-Galicia, junto con la Fundación Barrié, es la organizadora de este encuentro que pretende dar a conocer en Vigo la convocatoria de Momentum Project de 2014, reclutar nuevas ideas y reunir inversores y emprendedores.
Momentum Project va dirigido a aquellos emprendimientos que planteen iniciativas innovadoras y sostenibles y que contribuyan a la resolución de retos sociales y medioambientales enmarcados en ámbitos de impacto diversos como la educación, la inserción sociolaboral, el acceso a la vivienda, el medio ambiente, la participación ciudadana, etc.
Este programa selecciona y financia proyectos de este tipo en España, México y Perú. En los últimos tres años ha ayudado a desarrollar 40 emprendimientos sociales, de los cuales dos son gallegos. La empresa Freshcut, de Vigo, que fomenta hábitos de consumo saludables a través de la comercialización de verdudas y frutas; y Saraiva, de Pontevedra, que busca mejorar la calidad de vida de las personas mayores.
El encuentro tendrá lugar el próximo 3 de diciembre en la sede de la Fundación Barrié de La Maza, en Vigo. Contará con la presencia de la directora de Programas Sociales de BBVA, Lidia del Pozo, el director de programas de ESADE, Alfred Vernis, y emprendedores y mentores que han participado en Momentum Project. Además, estarán representantes de las empresas Freshcut y Saraiva.
La jornada está abierta a todo el público.
PROGRAMA:
19:30 Bienvenida a cargo de Javier López Martínez, director general de la Fundación Barrié de La Maza.
19:40 Presentación Momentum Project
Lidia del Pozo (BBVA)
Alfred Vernis (ESADE)
20:15 Mesa de experiencias Momentum Project
Emprendedores:
Lucía Saborido (Saraiva)
Ramón Navarro (Freshcut)
Mentores:
Noel Bobes (BBVA)
Eladio Crego (ESADE)
Alumnos ESADE
Joan del Val
Gerard Martínez
Se ruega confirmar asistencia a través del mail admon@ajegalicia.es o en el teléfono 986226053
Fotos de la Mostra Folclórica celebrada en Valladares
BRAVO BOSCH VISITA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA EUROPRECIS, AUXILIAR DO SECTOR DA METALURXIA QUE COLABORA COA XUNTA NA FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS DESEMPREGADAS
A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu esta mañá as instalacións da empresa, en Coruxo, onde conta cunha superficie superior aos 1.900 m2.
- Europrecis Galicia S.L. ten un papel destacado no sector da automoción e o naval, así como noutros campos como o solar, o eólico e o aeronáutico.
- A empresa colabora coa Consellería de Traballo e Benestar, a través do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia, ofrecendo formación práctica a un total de 12 alumnos e alumnas durante o último ano.
- A través da Consellería de Economía e Industria, nos últimos catro anos recibiu axudas para diversos proxectos de innovación tecnolóxica e do programa Innterconecta que se traducen en máis de 750.000 euros.
- O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores. Leer más…
PP noticias
MARTA RODRÍGUEZ ASEGURA QUE A PRIORIDADE DOS ORZAMENTOS DA XUNTA SON “AS PERSOAS DESEMPREGADAS E AS QUE MÁIS ESTÁN A PADECER OS EFECTOS DA CRISE”
A viceportavoz do Grupo Popular salientou que as contas públicas “demostran que estamos ante un Goberno serio e responsable, que destina máis orzamento ás políticas sociais que en época de bonanza”
- · O Goberno galego “presenta uns orzamentos realistas, responsables e, sobre todo, sociais, que marcan as liñas do que debe facer un país para saír da crise”, apuntou.
PEDRO PUY DESTACA O “RIGOR, SOLVENCIA E VOCACIÓN SOCIAL” DOS PRESUPOSTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2014
No debate de totalidade das contas públicas, o portavoz do Grupo Popular criticou “a dobre falacia da oposición: esaxerando as previsións de ingresos con contradicións patentes e criticando o endebedamento, cando ao mesmo tempo piden que nos endebedemos máis”
- · Felicitou á conselleira de Facenda por ter preparado dous orzamentos en once meses, cando comunidades como Cataluña ou País Vasco aínda non aprobaron as primeiras contas desde as últimas eleccións autonómicas
- · “É perfectamente compatible ter un comportamento do PIB mellor que a media, unha evolución do mercado laboral mellor que a media, unha capacidade de incrementar a competitividade mellor que a media e ao mesmo tempo cumprir co déficit”, salientou.
CIG – Vigo
protesta Caixa Geral Vigo.
O VI Congreso da CIG-Administración Pública reelixe a María Carme López Santamariña como secretaria nacional
Na sesión celebrada esta fin de semana en Allariz tamén se escolleron os/as integrantes da nova Executiva e os/as membros do Consello Confederal
ALLARIZ/23-11-2013
O VI Congreso da federación de Administración Pública celebrado esta fin de semana en Allariz baixo o lema ‘Recuperar dereitos, defender o público, manter a dignidade’ reelixiu a María Carme López Santamariña como secretaria nacional con 104 votos. Na sesión tamén se escolleron os/as integrantes da nova Executiva e os/as membros que integrarán o Consello Confederal. Na clausura da sesión, na que participou o secretario xeral, Suso Seixo, a responsábel nacional da CIG-Administración reclamou “compromiso, forza e unidade na defensa dos servizos públicos”.
López Santamariña, cuxa candidatura competía con outras dúas, incidiu durante a súa intervención nos efectos da crise económica sobre as condicións laborais, en especial nas agresións padecidas polos empregados e empregadas das Administracións públicas en Galiza, “nomeadamente as abusivas reducións salariais e perda de dereitos laborais decretados desde que comezou a crise”.
Neste senso alertou sobre a situación na que se atopa o sector público, que ve perigar a súa supervivencia e calidade pola falta de persoal tras a imposición de taxas de reposición do 0% e por mor do proceso de privatizacións emprendido polos gobernos do PP en Galiza e no Estado español. Fronte a isto, reclamou “compromiso, forza e unidade” na defensa dos servizos públicos e amosou especial preocupación polas precarias condicións de traballo ue padecen os empregados dos entes autónomos e fundacións públicas. “Cando se loita nunca se perde, aínda que ás veces non se gañe”, lembrou.
Ao mesmo tempo, apostou por promover alianzas de colaboración con organizacións sindicais afíns e por afondar nas relacións internacionais, salientando a presenza neste VI Congreso de organizacións sindicais de Portugal (STAL-CGTP e SNTFPS-CGTP), Euskal Herria (ELA e LAB), Catalunya (CATAC-IAC) e País Valencià (Intersindical Valenciana). O sindicato catalán CSC remitiu un comunicado escusando a súa presenza e saudando o Congreso da CIG-Administración.
Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixo fincapé na perda de dereitos sociais e laborais que está a provocar a crise económica e nos milleiros e milleiros de mozos/as que teñen que emigrar en busca dunha oportunidade laboral.
Fronte a isto, apostou por afondar na organización da clase traballadora, para o que considera necesario reforzar a central sindical; tamén na mobilización e contestación social; e finalmente por intentar mudar a correlación de forzas políticas que lexislan no Parlamento galego para lograr medidas favorábeis á clase traballadora. Finalmente, incidiu na necesidade de loitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario no que se garanta un reparto equitativo da riqueza.
A nova Executiva Federal queda conformada por:
1. María Carme López Santamariña
2. Xosé C. Crespo Santiago
3. María Xosé Santos Paz
4. Delmiro Durán Garrido
5. Fernando R. García Fernández
6. Carolina Castro Baamonde
7. Antonio Baliño Vázquez
8. Roberto Tizón Miguens
9. Gerardo Alvaredo Maceda
Os membros do Consello Confederal son:
1. María Carme López Santamariña
2. Xosé C. Crespo Santiago
3. Mª Cristina Ermida Moinelo
4. Francisco Xavier Picón Picallos
5. Fernando R. García Fernández
6. Mª Consuelo Rodríguez Rodríguez
7. Xaime Rei Vázquez
8. Gerardo Alvaredo Maceda
Informe de Xestión
A análise de toda a problemática laboral dos empregados/as públicos/as ocupa un lugar destacado no Informe de Xestión da Executiva saínte, que foi aprobado por 96 votos a favor, 16 en contra e 64 en branco. No documento faise fincapé en que o período de catro anos dende a celebración do anterior Congreso da CIG-Administración foi “de consecuencias destrutoras e negativas para a clase traballadora, debido á crise do sistema capitalista, que, no seu actual modelo neoliberal, se manifestou nunha crise económica e financeira moi fonda, pero tamén nunha crise política e institucional”.
Unha crise con repercusións máis graves nos estados periféricos como o Estado español e devastadora para Galiza, pola falta de soberanía e por sufrir un goberno sen proxecto para o país, ao servizo dos intereses económicos das clases dominantes e alleas, da españolización e dunha ideoloxía reaccionaria extrema e perseguidora dos dereitos sociais e democráticos.
Este foi tamén un período de recortes sociais e desmantelamento dos servizos públicos, de eliminación de dereitos laborais e de rebaixas salariais, de contrarreformas laborais, de limitación e anulación da negociación colectiva, de ampliación da idade de xubilación, de aumento de horario laboral, de eliminación de ofertas de emprego, de despedimentos de persoal de todas as Administracións, etc.
Fronte a isto, a CIG-Admón. participou, protagonizou, canalizou e dirixiu a grande maioría da conflitividade e reivindicación nas Administracións públicas asumindo, case en exclusiva, o traballo informativo e de axitación sindical nos centros de traballo.
O esencial reside na capacidade para organizar a resistencia nos centros de traballo e tamén para promover saídas lexislativas que impulsen o benestar social e limiten, ou radicalmente eliminen, as desigualdades de renda e a capacidade de influencia política dos oligopolios financeiros.
Finalmente, fronte á ofensiva forte pero non imbatíbel dos poderosos/as as opcións da clase traballadora galega pasan pola autoorganización, pola soberanía nacional, pola República galega e por un estado socialista galego.
Tamén se aprobaron os Relatorios de Organización (94 votos a favor, 0 en contra e 10 abstencións) e Acción Sindical (44 a favor, 0 en contra e 6 abstencións), así como unha modificación dos Estatutos da federación (159 a favor, 0 en contra e 1 abstención).
PORRIÑO
PORRIÑO HOMENAJEA AL PÁRROCO DON RAMÓN RODRÍGUEZ VALLADARES
El equipo de Gobierno local, encabezado por el alcalde Nelson Santos, asistirá a la comida organizada por los vecinos para este sábado y a la que podrá asistir cualquier persona que así lo desee reservando en el teléfono 609 210 207
EL CONCELLO DE PORRIÑO APUESTA POR LA ACTIVIDAD CULTURAL EN LAS DIFERENTES PARROQUIAS CON LA FIRMA DE CONVENIOS CON LAS ASOCIACIONES
El alcalde Nelson Santos y la concejala de Cultura Teresa Veloso recibieron a los presidentes de las trece entidades para hacerles entrega de las subvenciones nominativas, cuantía a las que hay que añadir otras aportaciones realizadas a lo largo del año a través de la organización de actividades, la ayuda en la puesta en marcha de diversas iniciativas formativas y lúdicas e incluso la mejora y mantenimiento de sus instalaciones .
EL CONCELLO DE PORRIÑO ENCIENDE ESTE VIERNES EL ALUMBRADO DE NAVIDAD
El alcalde Nelson Santos explica que un año más el encendido se ha vuelto ha adelantar con el objetivo de ambientar y motivar a los porriñeses en este mes tan especial y señalado, además de dinamizar el comercio local y la hostelería
Próximamente se presentará el programa de actos organizado por la Concejalía de Festejos .
EL CENTRO DE EXCELENCIA DE VIGO ANALIZA EN CITEXVI EL POTENCIAL DE LA COLABORACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDAD PARA EL DESARROLLO DEL TEJIDO ECONÓMICO
§ En la jornada, que se celebrará el jueves, 28 de noviembre, a partir de las 10:00 horas, en las instalaciones de CITEXVI, en la Ciudad Universitaria de Vigo, se presentarán diferentes proyectos llevados a cabo en la Universidad de Vigo para empresas de diferentes sectores como el biotecnológico, el de las energías renovables o el medioambiental.
BENESTAR IMPULSA EN GALICIA A CAMPAÑA EUROPEA “UN DE CADA CINCO” PARA A PREVENCIÓN DO ABUSO SEXUAL A NENOS E NENAS
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe esta iniciativa, acompañada pola directora do departamento de igualdade e dignidade humana do Consello de Europa, Elda Moreno
- A campaña establece unha regra “moi simple” para que os máis pequenos aprendan a diferenciar que clase de comportamento é admisible e cal non o é
- De cara á protección dos menores, a Xunta dispón, entre outras ferramentas, da Liña telefónica de axuda á infancia ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI) Leer más…
XXIII SEMANA DE CINE SUBMARINO DE VIGO
A XXIII edición da Semana Internacional de Cine Submarino dará comezo mañá martes, 26 de novembrono Centro Cultural Novacaixagalicia.
O ciclo inaugúrase coas proxeccións O festín do crocodilo e a produción galega Nas augas do norte ibérico: os ríos. A continuación, celebrarase un debate no que participarán Manuel Pedrosa e David Suárez, responsables da realización do segundo audiovisual.