BRAVO BOSCH VISITA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA EUROPRECIS, AUXILIAR DO SECTOR DA METALURXIA QUE COLABORA COA XUNTA NA FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS DESEMPREGADAS

  • unnamed (3)  A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu esta mañá as instalacións da empresa, en Coruxo, onde conta cunha superficie superior aos 1.900 m2.
  • Europrecis Galicia S.L. ten un papel destacado no sector da automoción e o naval, así como noutros campos como o solar, o eólico e o aeronáutico.
  • A empresa colabora coa Consellería de Traballo e Benestar, a través do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia, ofrecendo formación práctica a un total de 12 alumnos e alumnas durante o último ano.  
  • A través da Consellería de Economía e Industria, nos últimos catro anos recibiu axudas para diversos proxectos de innovación tecnolóxica e do programa Innterconecta que se traducen en máis de 750.000 euros.
  • O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores.

Vigo, 22 de novembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ás instalacións da empresa Europrecis Galicia S.L, auxiliar do sector da metalurxia e un dos máis activos colaboradores nos cursos formativos para persoas desempregadas que organiza a Consellería de Traballo e Benestar e que ano tras ano se levan a cabo no Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (CIFP).

Bravo Bosch, acompañada polos socios da empresa, Ricardo González e Avelino González, así coma polos membros da xunta directiva, percorreu esta mañá os 1.900 metros cadrados de superficie que a empresa ten na parroquia de Coruxo e nos que os seus traballadores teñen coma actividade principal o deseño e produción de máquinas para a industria da pedra e do mármore, maquetaxe para a industria do automóvil, utillaxe para o sector naval, mecanizado de precisión e, en xeral, todo tipo de máquinas especiais. Europrecis Galicia S.L. ten ademais un papel destacado noutros campos como o solar, o eólico e, recentemente, o aeronáutico sendo unha das oito empresas especializadas en naval e automoción que conforman a Sociedade de Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA).

A representante da Xunta de Galicia en Vigo fixo especial fincapé ao feito de que, nos últimos anos, a empresa acolle en prácticas aos alumnos e alumnas dos cursos formativos para persoas desempregadas que a Consellería de Traballo e Benestar desenvolve no CIFP de Coia. No último ano 12 alumnos e alumnas do centro completaron a súa formación práctica incorporándose á empresa e, deles, tres continúan a día de hoxe.

Bravo Bosch quixo amosar así todo o apoio e colaboración da Administración autonómica ao traballo que Europrecis Galicia S.L. desenvolve en sectores tan produtivos na nosa cidade coma son a automoción, o naval ou mesmo a aeronáutica e, en particular, coa formación dos traballadores a través das políticas activas de emprego que a Xunta de Galicia leva a cabo.

Ademais, a empresa conta tamén con importantes proxectos de innovación tecnolóxica que, nos últimos catro anos, recibiron máis de 750.000 euros de axudas procedentes da Consellería de Economía e Industria. Así, no ano 2009 contou cunha axuda económica de 12.000 euros para o desenvolvemento dun sistema de marcado en frío para o sector madereiro; e no ano 2013, unha axuda de 24.000 euros para a fabricación dun dixestor para a industria celulosa. Tamén neste ano 2013, a Xunta inviste nos seus novos proxectos cunha axuda de 110.000 euros para a incorporación de novas tecnoloxía innovadoras. A maiores, e a través de distintas convocatorias da Axencia Galega de Innovación, nestes últimos anos, Europrecis S.L. recibiu tamén máis de 600.000 euros para diversos proxectos do programa Innterconecta, entre outros.

Impulso á innovación viguesa

O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores. Estas axudas concrétanse ademais no permanente respaldo aos centros tecnolóxicos e do coñecemento, que actúan como locomotoras da innovación empresarial. Hai que lembrar así o apoio da Xunta de Galicia a Aimen, con máis de 4 millóns para o seu centro de aplicacións láser; o apoio a Anfaco, con máis de 8 millóns para a construción do seu centro tecnolóxico; o respaldo ao proxecto Atlantic,  7 millóns de euros para impulsar a colaboración de Gradiant e a Universidade de Vigo; e o financiamento por parte da Xunta do centro para investigar coches intelixentes do CTAG, un proxecto que supuxo 10 millóns de euros de investimento.

A empresa Europrecis Galicia S.L.

Europrecis, presente no mercado mundial dende 1981, está estratexicamente ubicada, a menos de 10 minutos da planta de PSA-VIGO, do Porto de Vigo e do Aeroporto de Peinador, e a menos de 5 minutos das entradas da autovía e da autopista hacia Madrid, A Coruña e Portugal.

Na súa infraestrutura conta cunha nave de 700 m2, adicada a traballos de caldeirería e montaxe de máquinas. E outra nave de 1.200 m2, para os traballos mecanizados.

Compre sinalar que foi pioneira no deseño dunha máquina versátil de corte de alta precisión que pode ser utilizada en múltiples sectores industriais, e cunha funcionalidade moi importante para os sectores da automoción, naval, eólico, aeronáutico, madereiro ou da pedra. O proxecto de investigación, que contou co apoio do Plan Galego de I+D+i, levouse a cabo co obxectivo de deseñar unha ferramente de utilidade para varios sectores e para medianas e pequenas empresas.

A empresa está comprometida coa formación do seu persoal, como demostra o seu programa de formación e mellora continua dos operarios, desenvolvendo acción formativas durante todo o ano, para conseguir estar á vangarda da tecnoloxía e poder atender as necesidades dos clientes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: