A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INFORMA QUE OS ENCOROS DA BACÍA DE GALICIA-COSTA ESTÁN AO 80% DA SÚA OCUPACIÓN, CASE 30 PUNTOS MÁIS EN COMPARACIÓN CO ANO ANTERIOR

  • Os encoros de abastecemento atópanse ao 70% da súa ocupación, mentres que os destinados para uso industrial rexistran o 81,33% de capacidade
  • Os encoros de Pontillón de Castro e Beche, de abastecemento, están ao 100% da súa ocupación

Santiago, 26 de novembro de 2013.- O estado dos encoros da conca Galicia- Costa atópanse ao 80% (80,29) da súa ocupación, o que se traduce en case 30 puntos (28,98 )por enriba da situación que se rexistrou no mesmo período o pasado ano. Así o recolle o informe do 25 de novembro elaborado por Augas de Galicia, ente público dependente da Consellería de Medio Ambiente, e que se pode consultar na súa páxina web.

clip_image002 (2)

En base a estes resultados, a Xunta de Galicia confirma a situación de normalidade dos encoros da demarcación de Galicia- Costa, onde destaca os encoros de abastecemento de Pontillón de Castro e Beche que se atopan ao 100% da súa capacidade, seguido polo de Baiona ao 99,73%. Así os encoros de abastecemento atópanse ao 70,05% da súa ocupación, mentres que os destinados para uso industrial rexistran o 81,33% de capacidade.

Na seguinte táboa poden consultarse os datos por cada un dos encoros:

clip_image002 (2) clip_image003 (2)

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: