AXENDA FESTIVAL SINSAL // 29 E 30 DE NOVEMBRO, SINSAL EN VIGO E SANTIAGO CON AMATORSKI
FESTIVAL SINSAL 11
Continúa Sinsal Outono en Vigo e Santiag
29 e 30 de Novembro, cita dobre con Amatorski
AMATORSKI
Vigo
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
29 de novembro, 20.30h apertura portas
8€ na billeteira.
Santiago de Compostela
CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea
30 de novembro, 20.30h apertura portas
Anticipada 8€. Teatro Principal, A Reixa Tenda
Billeteira: 8€ CGAC
Chegados desde Bélxica, Amatorski son unha das promesas do pop electrónico europeo, movéndose á perfección entre as cancións leves e as composicións máis complexas e espaciais do seu primeiro longa duración, TBC, recentemente reeditado a nivel global por Crammed Discs. Amatorski, cuarteto de rapaces ben novos capitaneados pola voz de Inne Eysermans, recorda nos seus momentos máis épicos a Efterklang e nalgunhas programacións a Portisheads ou Massive Attack. Amatorski son unha oportunidade máis para a electrónica de aspecto frío do vello continente.
Anna Calvi
+I have a tribe
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
14 de decembro, 21.00h apertura portas
Anticipada 18€+gastos de xestión/22€ billeteira, Servinova
Memoria musical de Vigo
Sinsal continúa co seu traballo de recoller a memoria acústica e musical da cidade e na súa programacón de outono inclúe entrevistas, radio e un paseo para recuperar os sons moitas veces esquecidos e algúns dos seus protagonistas.
Especial Memoria Musical de Vigo (1): entrevistas e convidados na librería Versus falando das mulleres no mundo da música local. Data 13 de Decembro. 20:30 horas
Especial Memoria Musical de Vigo (2): programa de radio en directo con convidados na tenda de discos Elepé. Data 14 de Decembro. 17:00 horas
Especial Memoria Musical de Vigo (3): paseo sonoro polos edificios que albergaron os salóns de Vigo burgueses a principios do século XX. Data 15 de Decembro. 11:30 AM