A XUNTA INVESTIU 50.000 EUROS NO IES CARLOS CASARES DE VIGO PARA MELLORAR A REDE ELÉCTRICA E ADAPTALA ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

  • DSC_0072  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ao centro educativo, que conta con dúas aulas dixitais e está integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios.
  • Neste ano 2013, a Xunta de Galicia leva investidos máis de 600.000 euros en melloras e reformas dun total de 36 centros educativos da cidade viguesa.

Vigo, 28 novembro de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de investir 50.000 euros na reforma do IES Carlos Casares de Vigo co fin de mellorar e modernizar a instalación eléctrica do centro. Esta actuación viu motivada pola necesidade de adaptar a infraestrutura educativa ás novas tecnoloxías e co obxectivo de optimizar a rede de informatización e das redes TIC do centro.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo director do centro, Carlos Bartolomé, e por membros do equipo directivo, realizou unha visita ao IES para comprobar a finalización da obra, que forma parte das actuacións que este ano levou a cabo o departamento territorial de Educación a cargo do programa RAM (Reforma, Ampliación e Mellora) de centros educativos.

O centro conta ademais con dúas aulas dixitais e está integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro do que leva recibido nos últimos anos ao redor de 20.000 euros para o apoio da biblioteca escolar.

Con todo, neste ano 2013, a Xunta de Galicia acometeu reformas a cargo do RAM nun total de 36 centros de Educación Primaria e Secundaria da cidade de Vigo cun investimento superior aos 600.000 euros.

Entre elas destacan as intervencións levadas a cabo nos CEIP Altamar, Josefa Alonso, Canicouva, Rodríguez Castelao de Navia, EEI Monte da Guía ou no IES Valadares. Trátase de actuacións en 36 centros educativos (16 CEIP, 12 IES, 3 CEP, 3 EEI, 1 CEE, 1 CIPF) nos que se levaron a cabo diversos traballos que van dende a reposición de fachadas, mellora de aulas, reparación de goteiras, cambios de cubertas e carpintería exterior, falsos teitos, ou reparación de vidros, entre outros.

En definitiva, nos últimos anos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva investidos un total de 11,6 millóns de euros no eido das infraestruturas educativas dos centros de infantil, primaria e secundaria da cidade de Vigo destacando así as grandes actuacións levadas a cabo nos CEIP O Pombal, Pintor Laxeiro, Illas Cíes, Virxe do Rocío, CEE Saladino Cortizo ou IES Manuel Antonio, entre outros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: