Este venres e sábado, RUI CATALÃO no MARCO (programa ‘Material Memoria’)

Continúa o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Este venres e sábado, con dúas pezas escénicas de Rui Catalão

Dentro das palavras/Avenida dos bons amigos

 

Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, con dúas propostas escénicas do autor portugués Rui Catalão.

 

Rui Catalão

Dentro das palavras

Venres 29 de novembro, ás 19.30

Rui Catalão

Avenida dos bons amigos

Sábado 30 de novembro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

 

 image001

“Os meses previos á estrea de Dentro das palavrasforon meses de loucura, sentimento de frustración, culpa, impotencia e fracaso. Hoxe sei que fixen unha peza lixeira, feliz e delicada, certamente repleta de momentos terribles, pero sempre nun ton luminoso e con bo humor, e nunha relación calorosa e íntima co público. Montei Dentro das palavras coma se estivese morto, ao mirar atrás, como nunha despedida. Maxicamente o pesadelo e a pena fóronse disipando, dando lugar á graza e o encantamento. Xulgaba que este o meu primeiro chan sería o meu último acto público. Ao tratarse dun testamento, escondín o pánico, e sinto que mostrei, nos límites das miñas capacidades, que as vivencias só merecen ser vividas se non nos deixamos martirizar polo sufrimento.

A nosa memoria non serve só para lembrar o pasado ou preparar estratexias para o futuro, é tamén un instrumento de repartición, no que se esboza un sentido de pertenza. O sentido da vida pode non existir por si mesmo aínda, pero sempre podemos inventalo. A única mentira da que me comprazo é a de parecer que non teño medo. É preferible avanzar con medo, facendo crer que non temos medo, que agochármonos, con medo a ter medo. Descubrín que vivía abraiado por unha multitude de personaxes que se cruzaran comigo, e que eu, ao desaparecer, estaría a participar tamén na súa desaparición. Con este solo descubrín o xeito de facelos revivir, a través do meu corpo, dentro das palabras. É un solo acompañado”.

 

Rui Catalão

Usando a autobiografía, a historia recente dos lugares onde ten vivido, e unha perspectiva antropolóxica para crear ficcións, o traballo de Rui Catalão rolda as zonas de fronteira entre espazo privado e público, os temas da memoria, do azar, da fraxilidade e da transparencia, e de como o acto de contar historias altera a percepción dun corpo. É autor e intérprete dos solos Av. Dos Bons Amigos (2013) e Dentro das palavras (2010). En 2012 estreou Melodrama para 2 atores & um fantasma (con Cláudio da Silva e Sofia Dinger) e Manifesto de Goya, ambos presentados no Teatro Maria Matos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: