Concello de Vigo

 

O Concello inicia o procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de República Arxentina para financiar o solo da Cidade da Xustiza

A Xerencia de Urbanismo arrancou hoxe venres o proceso de enaxenación das 40 vivendas municipais de República Arxentina. O rexedor explicou que o Concello adicará 5 millóns á expropiacións para o solo da Cidade da Xustiza, a pesar de ser unha competencia autonómica.

 


O goberno local adica medio millón de euros a asfaltar 14 estradas das parroquias

O alcalde deu conta hoxe venres da adxudicación do precedemento para a contratación de obras de reforzo do asfaltado en 14 estradas de distintas parroquias da cidade. O orzamento ascende a case medio millón de euros.

 


O MARCO acollerá do 6 ao 8 de decembro o primeiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e as organizadoras, Ángeles e Marta Díaz, presentaron este venres VI·KUL, o primeiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que traerá á cidade aos mellores bailarines e coreográfos nacionais e internacionais.

 


Manel Fernández salienta a «repercusión e calidade» do Trofeo Cidade de Vigo de karate

O concelleiro de Deportes presentou este venres o evento co presidente do club Zanshin de Vigo, organizador do mesmo. A cita, que acada a súa décimo quinta edición, terá lugar mañá sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés.

 

A lectura do bando do Día da Constitución correrá a cargo da xuíza Marisol López Martínez

O alcalde avanzou hoxe venres que a xuíza Marisol López Martínez, titular do Xuzgado de Instrucción número 3 de Vigo, será este ano a responsable de redactar o bando do Día da Constitución. O acto oficial será o próximo venres 6 de decembro ás 12,00 horas na Casa Galega da Cultura. O rexedor animou a toda a cidade á participar desta conmemoración.

 

Celebración do 20 aniversario do Consello Municipal da Muller

Co motivo da celebración dos seus 20 anos de andaina, o Consello Municipal da Muller de Vigo organiza varias actividades o vindeiro luns, 2 de decembro.

 

Bases concurso «Vente cos Reis Magos 2014»

A Concellería de Cultura e Festas convoca un ano máis o concurso «Vente cos Reis Magos», que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o domingo 5 de xaneiro.

 

BANDO DE OBRAS NADAL 2013


Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas: Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as
seguintes restriccións:

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: