A XUNTA REFORMOU ESTE ANO A CUBERTA DO CEIP SERRA DE VINCIOS, EN GONDOMAR, CUN INVESTIMENTO QUE CASE CHEGOU AOS 40.000 EUROS

A XUNTA REFORMOU ESTE ANO A CUBERTA DO CEIP SERRA DE VINCIOS, EN GONDOMAR, CUN INVESTIMENTO QUE CASE CHEGOU AOS 40.000 EUROS

  • 1_MG_9184  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ao centro educativo, que tamén está integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios.
  • Nos últimos anos, a Xunta de Galicia investiu preto de 350.000 euros na mellora das infraestruturas educativas do Concello de Gondomar.

Vigo, 4 de decembro de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de investir case 40.000 euros na reparación da cuberta do CEIP Serra de Vincios, no municipio de Gondomar.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, Fernando Guitián, realizou unha visita ao colexio de infantil e primaria para comprobar a finalización da obra, que forma parte das actuacións que este ano levou a cabo o departamento territorial de Educación a cargo do programa RAM (Reforma, Ampliación e Mellora) de centros educativos.

En total, a Xunta de Galicia investiu nos últimos anos un total de 350.000 euros para satisfacer o conxunto das necesidades nas infraestruturas educativas do Concello de Gondomar. Así, destinou aos centros de ensino básico de Gondomar (CEP e CEIP) un total de 275.424,74 euros (CEIP Chaño Piñeiro, CEP Xosé Neira Vilas, e CEIP Serra Vincios) mentres que para os IES Auga da Laxe e Terra de Turonio, o investimento foi de 74.390,67 euros para diversas actuacións de reparación e rehabilitación.

Plan de bibliotecas escolares

O CEIP Serra de Vincios está integrado tamén no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través deste programa, este ano percibiu unha axuda de 1.300 euros para a mellora dos fondos da biblioteca escolar.

 

Ademais, e ao abeiro desta convocatoria para 2013 do Plan de mellora de bibliotecas escolares, os centros públicos de Gondomar recibiron 9.900 euros en axudas, repartidas entre cinco centros educativos (CEIP Chano Piñeiro, CEIP Serra-Vincios, CEIP Souto-Donas, CRA Antía Cal e CEP Xosé Neira Vilas).

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: