Vaamonde, Lamas & Romero actúan coa Banda Municipal da Estrada este xoves 5

O Tambor de Prata - portada O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. Será o vindeiro día 5 de decembro no Teatro Principal da Estrada ás 22 horas.

Ademais, nesta ocasión, estes grandes músicos estarán acompañados dos tamén de sobra talentosos compoñentes da Banda de Música de música Municipal da Estrada, dirixida por Javier Comesaña.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise. Para poder desfrutar con este espectáculo as entradas, a cinco euros, poden mercarse en De Cotío (Rúa Xelmírez, 26, Compostela) ou reservarse chamando ao 986 573 601 e retiralas media hora antes do inicio do concerto. O aforo é limitado.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: