AXENDA // MONUMENTA CHEGA Á SÚA FIN ESTA FIN DE SEMANA EN VILARDEVÓS E TOÉN

CONTINÚA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO

 

OBRADOIROS, FALADOIROS, CONCERTOS E TEATRO, MONUMENTA CHEGA Á SÚA FIN ESTA FIN DE SEMANA EN VILARDEVÓS E TOÉN

MONUMENTA: difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico. 

Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende divulgar algunhas intervencións executadas recentemente, para que sexan coñecidas e aproveitadas polo conxunto da cidadanía, a do propio lugar e a que teña interese por coñecer o patrimonio e a súa conservación lograda co esforzo de todos.

Un mes intenso de actividades por toda Galicia

Do 9 de novembro ao 8 de decembro de 2013 desenvólvense as actividades de Monumenta en todas as provincias galegas, achegando cultura e actividades a diferentes parroquias do rural. O éxito de convocatoria foi notable, creándose un circuíto no que o culto e o popular se deron a man ante unha poboación con desexo de participar e de ser parte da súa cultura. 

Igrexa da Santa Cruz de Terroso. Vilardevós

(Ourense)

Sábado 7 de decembro

Imágenes integradas 1

16:30 Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar

Faladoiro no que participarán os veciños para compartir as lembranzas ao redor da igrexa de Santa Cruz de Terroso.

17:00 Teatro de rúa, para todos os públicos, cunha recreación histórica co Grupo de Teatro Os Quinquilláns

Monumenta convida a unha sesión de 20 minutos co grupo “Os Quinquilláns – Teatro” na que os espectadores se achegan á historia do lugar, ao seu xeito de vida, os seus conflitos…

Sinopse: ELVIRA está alindando na VACA arredor da igrexa. ELVIRA pretende que a vaca non se achegue á xente e que atenda a pacer, pero A VACA quere contarlle a historia da igrexa e moitos dos aconteceres que hai alí. Cando a xente atende a VACA, ELVIRA móstralles moitas das herbas e remedios menciñeiros que hai arredor da igrexa e do avogosas que foron moitas santas para moitas enfermidades…
17:30 Concerto acústico homenaxe a Ángel Barja Iglesias a cargo dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo

Beatriz Laborda interpretarán o Cuarteto de corda nº 1 en Re maior (1969) do falecido Ángel Barja Iglesias, natural de Terroso. Este músico, ao longo da súa prolífica carreira, este escribiu música sinfónica, de cámara, para piano, para órgano e máis de douscentos títulos de música coral e vocal en castelán, francés, italiano, latín, galego, catalán e éuscaro.

 

Igrexa de San Pedro de Moreiras. Toén

(Ourense)

Domingo 8 de decembro

Imágenes integradas 2

11:00 Obradoiros infantís sobre a restauración de retablos e Micro concerto para campás, cuncas tibetanas e zanfona con
Ariel Ninas

As campás da igrexa, elementos comunicativos centrípetos na cultura occidental (Murray Schafer, The tunning of the world, 1977), aínda gardan na memoria colectiva un importante oco na nosa imaxinación. Aínda máis as campás da parroquia rural. Despois dos obradoiros infantís, seguindo este dito sobre as campás de Toén, Ariel Ninas propón un micro concerto de 15’ para campás, cuncas tibetanas e zanfona buscando a complicidade do espectador e “chamar á oración” ao ouvinte coa intención de forzar a inmersión sonora na súa escoita con estes instrumentos de cativadoras propiedades psicoacústicas.

12:30 Concerto acústico de S@X 21 en formato dúo

S@X 21 son Diego García, Nacho Casas, Pablo Coello e Rafael Yebra. Profesores de saxofón dos distintos Conservatorios de Galicia e da Escola Municipal de Ourense e das Bandas de Música de Ourense e Santiago. Mais aló da tradicional concepción do cuarteto de saxofóns, eles traballan en múltiples combinacións e permutacións instrumentais segundo as diferentes posibilidades do programa. Nesta oportunidade, en formato dúo, a música que interpretarán son transcricións de música do Renacemento adaptadas para un instrumento máis novo como o saxofón, emulando así unha restauración musical para esta actuación en San Pedro de Moreiras, cun retablo do século XV.

E AQUÍ REMATA MONUMENTA…

 

//DESCARGA DE DOSSIER//

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: