A XUNTA DESTINA ESTE ANO MÁIS DE 500.000 EUROS Á ÉRGUETE PARA PROGRAMAS SOCIAIS, DE INSERCIÓN E DE PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN

  • _MG_0522  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá unha subvención de 116.000 euros outorgada pola Consellería de Sanidade á Fundación Érguete ao abeiro do programa de prevención da drogadicción.  
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe as instalacións da asociación, onde informou a súa presidenta, Carmen Avendaño, da axuda que mañá será xa efectiva.
  • O Goberno galego amosa o seu compromiso con Érguete de forma transversal a través de subvencións, convenios e programas procedentes de Vicepresidencia da Xunta, da Consellería de Traballo e Benestar e tamén do departamento de Sanidade.

 

Vigo, 10 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as instalacións de Érguete para trasladarlle a súa presidenta, Carmen Avendaño, a recente resolución dunha subvención de 116.000 euros que procede da Consellería de Sanidade. Ao abeiro da orde de axudas para programas de prevención da drogadicción, mañá sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a contía destinada á Fundación Érguete para este fin.

 

Bravo Bosch agradeceu o bo traballo que levan a cabo os traballadores, tanto da asociación coma da fundación, ademais de poñer en valor o labor “incansable” que realizan a favor das persoas que atenden día a día así coma da súa presidenta, Carmen Avendaño.

 

A delegada da Xunta lembrou ademais todas as axudas, programas e convenios que o Goberno galego ten con Érguete de forma transversal a través das distintas consellerías e, neste eido, resaltou o feito de que, neste ano 2013, a aposta da Administración autonómica coa asociación e coa fundación tradúcese nun investimento que supera os 500.000 euros.

 

Deste xeito, a Xunta amosa a súa implicación a través de distintas iniciativas que proceden de Vicepresidencia do Goberno galego e tamén da Consellería de Traballo e Benestar e do departamento de Sanidade.

 

Concretamente, Vicepresidencia ten un convenio asinado para o Programa de Formación e Integración Social (PFIS); dende Traballo e Benestar as subvencións son para programas de inclusión e cooperación e, por último, dende Sanidade, a colaboración con Érguete pasa por un convenio para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos ademais de diversos programas sociais de apoio a procesos terapéuticos.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: