Concello de Vigo

 


O Concello adxudica a obra para cubrir o patio do colexio Castelao, en Navia, por 166.000 euros

O alcalde explicou que o contrato, adxudicado provisionalmente, inclúe tamén a renovación do pavimento do patio e a instalación de faldóns laterais de protección contra a chuvia. Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local acordouse a reposición de 377 árbores en mal estado na cidade.

 


Caballero invita a toda a cidade a realizar as compras do Nadal no mercado de “De Boa Man”

Dez asociacións de persoas con discapacidade ofertan desde hoxe ata o venres 13 productos elaborados polos propios usuarios no mercado de “De boa man”. O rexedor visitou hoxe as carpas de Príncipe e animou a todo Vigo a apoioar este proxecto de comercio alternativo e solidario.

 

Navia contará con 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras

A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente as obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella.

 


Clausura exposición Pinacoteca

Este domingo 15 de decembro clausurarase a exposición de pintura europea antiga na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8). A mostra, baixo a denominación “Natureza morta, natureza viva”, presenta unha selección de obras de bodegón e paisaxe realizadas nas principais escolas europeas durante os séculos XVII, XVIII e XIX.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: