Este sábado 14 Pesdelán faranos mover os pés en Teo por partida dobre

DE BALDE E PARA TODOS OS PÚBLICOS

pesdelangrupo (1)

Pesdelán leva a música e o baile a Teo este sábado por partida dobre

 

Este sábado día 14 de decembro os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés na Ramallosa (Teo) ao tempo que nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega á vila coruñesa para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, participaremos nel, con entrada de balde e por partida dobre.

 

Así, no auditorio da Ramallosa e ás 12:00 horas, públicos de todas as idades e condicións físicas poderán aprender a bailar e cantar no obradoiro de baile tradicional que Pesdelán porá en marcha, para ás 18:00 no mesmo auditorio, poder recuncar xa cun concerto no que bailar o aprendido pola mañá ou, simplemente, desfrutar da música destes grandes artistas. Para todos os públicos e con entrada de balde ambas as dúas propostas, será un xeito novidoso de pasar o día en familia. Ambas as dúas actividades están organizadas polo Concello de Teo e programadas a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Desta maneira, maiores, pequenos e mozos/as poderán gozar, e por partida dobre, do bo facer de Pesdelán á hora de dinamizar grupos de persoas a través da música tradicional. Este proxecto de música para baile pretende cambiar o concepto de público espectador polo de público participante e leva vendidas máis de 4.000 copias do seu primeiro disco ‘Na punta do pé’.

 

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao grupo de persoas asistente, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

 

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.

 

Movendo pés desde 2008

 

Pesdelán xorde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal tales como Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai ou Pula-lle-o-pe, entre outras.

 

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo).

 

Esta é unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka conta ademais coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4.000 copias.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: