Archive | diciembre 11, 2013

A XUNTA RESOLVE O ÚLTIMO CONCURSO DE TRASLADOS PARA A ADMINISTRACIÓN ESPECIAL CON CASE 700 PRAZAS OFERTADAS

Os postos ofertados dende o ano 2009 para a provisión de prazas vacantes na Xunta de Galicia ascende a 6.842

O anterior concurso para a provisión xeral de postos de Escalas da Administración Especial tivo lugar no ano 2004

En ningún caso supuxeron aumento de efectivos nin de custes para a Administración autonómica

Ademais, a Xunta adxudicará inmediatamente destino a 237 aspirantes que superaron diversos procesos selectivos da Administración Autonómica

Os actos de elección de destino definitivo terán lugar escalonadamente.

 

Domingo 15: CADEA HUMANA en COIA: Os cartos de todas para todas!

cadea_15dec_web

OS CARTOS DE TODAS PARA TODAS! Seis palabras, que tentan explicar unha idea sinxela, que semella que para os poderes non o é tanto.

Temos a experiencia de a mobilización social e a constancia son sinónimo de conquistas sociais. Por iso, como hai un ano, volvemos a chamar á nosa veciñanza (do barrio e da cidade) a unirse nunha cadea humana para esixir uns orzamentos xustos para Vigo e Galiza. Xuntas somos máis fortes fronte a uns poderes que enchen os petos cos cartos que apañan dos nosos salarios, das nosas pensións, da nosa educación, dos servizos sociais…

Precisamos con urxencia que os cartos de todas estean a disposición das persoas e das necesidades básicas para a vida, sabemos a importancia que teñen os orzamentos -muncipais e autonómicos- neste aspecto redistributivo da riqueza polo que esiximos aos responsables políticos que o fagan sen demora.

Todas somos necesarias, polo que a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do GAS vos animamos a participar oDOMINGO 15 de DECEMBRO na CADEA HUMANA que SAIRÁ da PARROQUIA do CRISTO da VICTORIA (r/Baiona 9 – Coia) a partires das 13h15.

Acudide!

A Fundación Novacaixagalicia presenta en rolda de prensa a súa nova tempada de abonos de música Clásica

novacaixagaliciaA Fundación Novacaixagalicia, en colaboración coa Sociedade Filharmónica de Vigo, presentará mañá, xoves 12 de decembro, aos medios de comunicación a programación de música clásica que se inclúe na súa nova tempada de abonos, que vai de xaneiro a xuño de 2014. A cita terá lugar ás 11.30 h no centro cultural da entidade en Vigo, emprazado na rúa Policarpo Sanz, número 13, participarán na mesma Andrés Lacasa, xerente da Orquesta Sinfónica de Galicia, Avelino Sanluis, presidente da Sociedad Filarmónica de Vigo, María Antón, xerente do Consorcio de Santiago e Pedro Otero Espinar, xerente da Fundación Novacaixagalicia.

Novagalicia, cuarto banco español en ser admitido no novo Mercado de Renda Fixa

NCG Banco nomeado membro do MARF para intermediar débeda de empresas

  • ·                  El banco xa impulsou en 2011 a saída da primeira peme galega ao MAB

 

11.12.2013. Novagalicia Banco é o cuarto banco español que foi admitido como membro do Mercado Alternativo de Renda Fixa (MARF), unha bolsa de cotización da débeda de empresas dirixida a investidores cualificados españois e estranxeiros.

O MARF é un mercado que foi deseñado co obxectivo de facilitar o financiamento das pemes. As empresas que queiran saír a cotizar ao MARF, mediante os seus bonos e outros títulos de débeda, deberán facelo a través dos membros deste novo mercado alternativo, que neste momento son os bancos BBVA, Sabadell, Bankia e Novagalicia Banco, ademais de Renta 4 Banco e Ahorro Corporación.

 

EL CENTRO DE EXCELENCIA DE VIGO OFRECE UNA VISIÓN PRÁCTICA DE LAS DEDUCCIONES FISCALES POR ACTIVIDADES DE I+D+i

El taller, que se celebrará mañana jueves, 12 de diciembre, a partir de las 18:00 horas, en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo, tiene por objetivo fomentar la aplicación de deducciones fiscales a la I+D+i como herramienta de financiación.

.  Pedro Conde, inspector de Hacienda Pública, y Javier López-Guerra, delegado en Galicia de European Quality Assurance,  compartirán con todos los asistentes cuáles son las actividades y gastos objeto de deducción y cómo es el proceso de certificación de proyectos para la obtención de estas ayudas.

FESTIVAL SINSAL 11

Remata Sinsal 11 con Anna Calvi e a Memoria Musical de Vigo

Fin de semana de actividades Sinsal

e2b1162a283211e39d5922000ae91047_8

ANNA CALVI

+I have a tribe

 

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

14 de decembro, 21.00h

Anticipada 18€+gastos de xestión/22€ billeteira, Servinova

Chega o agardadísimo segundo disco de Anna Calvi, One Breathe, o relevo de Anna Calvi, o traballo que a fixou na súa xeración como unha voz de referencia que vén a revitalizar o rock desde parámetros abertos que non renegan de ninguna influencia. A británica de pai italiano di admirar o flamenco e a Claude Debussy, se ben a crítica non perdeu tempo de situala entre Edith Piaf, Patti Smith e PJ Harvey. O que si é certo é que Anna Calvi é ben capaz de beber tanto do melodrama gótico como de Wong Kar-Wai sen deixar de sonar estranamente contemporánea. Despois de ser bendecida por Nick Cave, Interpol ou Brian Eno, a británica chega á súa proba decisiva, un segundo disco que vai pasear por medio mundo e que será, seguro, o da súa consagración como unha autora imprescindible do panorama contemporáneo.

MEMORIA MUSICAL DE VIGO

Sinsal continúa co seu traballo de recoller a memoria acústica e musical da cidade e na súa programacón de outono inclúe un debate e un paseo para recuperar os sons moitas veces esquecidos e algúns dos seus protagonistas.

A escena musical contada desde a perspectiva feminina

Especial Memoria Musical de Vigo: entrevistas e convidados na librería Versus falando das mulleres no mundo da música local.Unha actividade do Festival Sinsal en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Venres 13 de decembro ás 20:30 horas

Unha conversa con participantes na escena musical viguesa para retratar una parte do presente a través dos seus relatos en primeira persoa e das audicións que proporán as poñentes. Coas súas palabras e cos sons propostos por elas, invocaremos lugares, lembraremos acontecementos, analizaremos a intervención das mulleres nesta historia por capítulos e repasaremos as posibilidades para a música que hogano ofrece a cidade de Vigo.

Moderadora:

Teresa Cuiñas, xornalista en Televisión de Galicia e El País e autora do blog Rock and Cook.

Participantes:

Cristina García: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Responsable de comunicación en Esmerarte Industrias Creativas e Dj Flor.

Lucía Riveiros: cantante lírica e mestra de Educación Musical. Compoñente de Murmel Bruxas.

Elena Sestelo: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Deseñadora gráfica e docente. É cantante, guitarrista e compositora de When Nalda Became Punk. O seu disco de debut, A Farewell to Youth (2013) foi publicado no selo estadounidense Shelflife Records.

Mar Mato: licenciada en Xornalismo, periodista especializada na área de Cultura do xornal Faro de Vigo.

 

Paseo pola memoria musical viguesa

Este domingo, 15 de decembro, a partir das 12.00 horas, desde a Praza da Princesa, o Festival Sinsal pon en marcha unha nova iniciativa inédita na súa programación: un paseo sonoro narrado por especialistas e con música en directo.

Unha forma diferente de percibir o noso patrimonio e unha homenaxe a aqueles locais, agrupacións, artistas e mecenas que iniciaron a próspera vida cultural viguesa entre os séculos XIX e XX.

Duración:

Saída ás 12.00 horas desde a Praza Da Princesa

Chegada ás 13.00 horas ao antigo Cine Tamberlick

Narracións:

Rubén Martinez Alonso: licenciado en Historia da Arte e autor do libro “El Casino de Vigo”.

Jorge Lamas: xornalista de La Voz de Galicia e autor do blog.

Pablo Abreu: profesor superior de pedagoxia musical e investigador.

Alfredo Sirventarquitecto. A súa participación é unha colaboración do Festival Sinsal co Espacio Sirvent.

Programa:

1ª Parada: Praza da Princesa. Comentarios sobre a Casa Teatro e o Café Méndez Núñez.

2ª Parada: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia. Narracións sobre El Casino de Vigo, Teatro Rosalía de Castro, Teatro García Barbón,etc.

3ª Parada: Casa del Libro. Comentarios sobre o antigo Café Colón e o Salón Pinacho.

4ª Parada: Escalinata Cine Tamberlick (final do paseo). Falaremos sobre o Teatro Circo, Cine Tamberlick, Salón Curty, etc.

Música en directo:

Un cuarteto de alumnos do Conservatorio Profesional de Vigo formado por Eva Fernández, Alfonso Pereira, Alexandre Rodríguez e Juan Manuel Cao achegarannos as pezas que se escoitaban por aquel entonces nos teatros propostos para este paseo sonoro. Os músicos interpretarán diante de cada edificio unha selección de ragtime, foxtrot e pezas de variedades.

 

Concello de Vigo

 


Caballero data para finais de xaneiro o remate da humanización da rúa Canceleiro

O alcalde visitou este mércores os traballos de reforma da rúa, no tramo entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento superior aos 500.000 euros. A humanización cambiará as redes soterradas de saneamento, abastecemento e pluviais de Canceleiro, ademais de renovar a superficie.

 

O Concello investirá 800.000 euros en asfaltar 27 rúas do rural e do casco urbano

A Xunta de Goberno Local deu verde á adxudicación das obras de asfaltado de 13 rúas do casco urbano da cidade, por un importe de case 300.000 euros, unha cifra á que se suman outros 497.633 euros aprobados recentemente para reforzar a capa de rodadura doutras 14 rúas do rural.

 


ProVigo organizará xornadas sobre os sectores estratéxicos para o futuro da cidade

Caballero presidiu este mércores a reunión do padroado da Fundación, que acordou a realización dunhas xornadas temáticas sobre a presenza das áreas económicas nas institucións, a loxística e o transporte, a pesca, os sectores emerxentes, o comercio e a hostelería, e os fondos europeos no horizonte de 2020.

 


Vigo acollerá en 2015 un congreso internacional de saúde mental con máis de 300 expertos

O rexedor mantivo hoxe un encontro cos responsables do Congreso Luso Galaico de saúde mental que se vai desenvolver en Vigo en febreiro do ano 2015. Contará con máis de 300 profesores expertos de recoñecidas universidades e o centro municipal Cedro será a referencia na cidade.

EL CENTRO COMERCIAL ABIERTO AS TRAVESAS “AETRAVI” PONE EN MARCHA SU PRIMERA NOCHE COMERCIAL.

OFERTASDonde: En las calles del ámbito de Traviesas: Florida, Camelias, Castelao, Plaza Independencia…

Cuando: Viernes 13 de diciembre.

Hora: Desde las 9:00h hasta las 00h.

Extras: Descuentos especiales, pinchos en las tiendas, decorado y alumbrado de navidad, música ambiente, talleres…

El asociado Centro Comercial Camelias también se une a esta gran fiesta del comercio abriendo prácticamente todas las tiendas locales y también las cadenas como Berska o Zara,  se sortearán carros de compra, conciertos y parque de bolas infantil gratuito entre otros.

 

El Centro Comercial Abierto As travesas “AETRAVI”. pone en marcha una de las iniciativas con más encanto de la ciudad de Vigo: La primera noche comercial de compras en la zona.

El comercio local se viste de gala el próximo viernes 13 abriendo MÁS DE UN CENTENAR de comercios con el objetivo de ofrecer los mejores productos y los mejores precios. Todo ello acompañado de una gran programación de actividades y de artesanos situados en las calles.

Con respecto a los artesanos habrá dos ubicaciones claras:

 

 

ZONA INFANTIL: Plaza Independencia.

ZONA GASTRONÓMICA: Calle González Sierra,  cortado al tráfico.

 

Hakan Hardenberger, un dos mellores trompetistas do mundo, dirixe mañá a Real Filharmonía de Galicia

O sueco Hakan Hardenberger, considerado un dos mellores trompetistas do mundo, dirixirá mañá a Real Filharmonía de Galicia a partir das 20.30 h no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo. O programa inclúe obras de Bach, Haydn, Gruber e Poulenc. Nel interpretaranse varios solos de trompeta nos que o público poderá apreciar o virtuosismo do sueco con este instrumento. As persoas que lle queiran formular.

Mamá Cabra na Casa do Libro de Vigo (SÁBADO ÁS 18 HORAS)

Presentación o seu novo libro-disco ‘Cartas que veñen e van’, de Susa Herrera e Mamá Cabra

O grupo de música infantil Mamá Cabra asina conxuntamente con Susa Herrera o libro-disco ‘Cartas que veñen e van’. Unha oportunidade única de pasar un serán de música e diversión completas con Mamá Cabra en directo!