Concello de Vigo

 


Caballero data para finais de xaneiro o remate da humanización da rúa Canceleiro

O alcalde visitou este mércores os traballos de reforma da rúa, no tramo entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento superior aos 500.000 euros. A humanización cambiará as redes soterradas de saneamento, abastecemento e pluviais de Canceleiro, ademais de renovar a superficie.

 

O Concello investirá 800.000 euros en asfaltar 27 rúas do rural e do casco urbano

A Xunta de Goberno Local deu verde á adxudicación das obras de asfaltado de 13 rúas do casco urbano da cidade, por un importe de case 300.000 euros, unha cifra á que se suman outros 497.633 euros aprobados recentemente para reforzar a capa de rodadura doutras 14 rúas do rural.

 


ProVigo organizará xornadas sobre os sectores estratéxicos para o futuro da cidade

Caballero presidiu este mércores a reunión do padroado da Fundación, que acordou a realización dunhas xornadas temáticas sobre a presenza das áreas económicas nas institucións, a loxística e o transporte, a pesca, os sectores emerxentes, o comercio e a hostelería, e os fondos europeos no horizonte de 2020.

 


Vigo acollerá en 2015 un congreso internacional de saúde mental con máis de 300 expertos

O rexedor mantivo hoxe un encontro cos responsables do Congreso Luso Galaico de saúde mental que se vai desenvolver en Vigo en febreiro do ano 2015. Contará con máis de 300 profesores expertos de recoñecidas universidades e o centro municipal Cedro será a referencia na cidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: