FESTIVAL SINSAL 11

Remata Sinsal 11 con Anna Calvi e a Memoria Musical de Vigo

Fin de semana de actividades Sinsal

e2b1162a283211e39d5922000ae91047_8

ANNA CALVI

+I have a tribe

 

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

14 de decembro, 21.00h

Anticipada 18€+gastos de xestión/22€ billeteira, Servinova

Chega o agardadísimo segundo disco de Anna Calvi, One Breathe, o relevo de Anna Calvi, o traballo que a fixou na súa xeración como unha voz de referencia que vén a revitalizar o rock desde parámetros abertos que non renegan de ninguna influencia. A británica de pai italiano di admirar o flamenco e a Claude Debussy, se ben a crítica non perdeu tempo de situala entre Edith Piaf, Patti Smith e PJ Harvey. O que si é certo é que Anna Calvi é ben capaz de beber tanto do melodrama gótico como de Wong Kar-Wai sen deixar de sonar estranamente contemporánea. Despois de ser bendecida por Nick Cave, Interpol ou Brian Eno, a británica chega á súa proba decisiva, un segundo disco que vai pasear por medio mundo e que será, seguro, o da súa consagración como unha autora imprescindible do panorama contemporáneo.

MEMORIA MUSICAL DE VIGO

Sinsal continúa co seu traballo de recoller a memoria acústica e musical da cidade e na súa programacón de outono inclúe un debate e un paseo para recuperar os sons moitas veces esquecidos e algúns dos seus protagonistas.

A escena musical contada desde a perspectiva feminina

Especial Memoria Musical de Vigo: entrevistas e convidados na librería Versus falando das mulleres no mundo da música local.Unha actividade do Festival Sinsal en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Venres 13 de decembro ás 20:30 horas

Unha conversa con participantes na escena musical viguesa para retratar una parte do presente a través dos seus relatos en primeira persoa e das audicións que proporán as poñentes. Coas súas palabras e cos sons propostos por elas, invocaremos lugares, lembraremos acontecementos, analizaremos a intervención das mulleres nesta historia por capítulos e repasaremos as posibilidades para a música que hogano ofrece a cidade de Vigo.

Moderadora:

Teresa Cuiñas, xornalista en Televisión de Galicia e El País e autora do blog Rock and Cook.

Participantes:

Cristina García: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Responsable de comunicación en Esmerarte Industrias Creativas e Dj Flor.

Lucía Riveiros: cantante lírica e mestra de Educación Musical. Compoñente de Murmel Bruxas.

Elena Sestelo: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Deseñadora gráfica e docente. É cantante, guitarrista e compositora de When Nalda Became Punk. O seu disco de debut, A Farewell to Youth (2013) foi publicado no selo estadounidense Shelflife Records.

Mar Mato: licenciada en Xornalismo, periodista especializada na área de Cultura do xornal Faro de Vigo.

 

Paseo pola memoria musical viguesa

Este domingo, 15 de decembro, a partir das 12.00 horas, desde a Praza da Princesa, o Festival Sinsal pon en marcha unha nova iniciativa inédita na súa programación: un paseo sonoro narrado por especialistas e con música en directo.

Unha forma diferente de percibir o noso patrimonio e unha homenaxe a aqueles locais, agrupacións, artistas e mecenas que iniciaron a próspera vida cultural viguesa entre os séculos XIX e XX.

Duración:

Saída ás 12.00 horas desde a Praza Da Princesa

Chegada ás 13.00 horas ao antigo Cine Tamberlick

Narracións:

Rubén Martinez Alonso: licenciado en Historia da Arte e autor do libro “El Casino de Vigo”.

Jorge Lamas: xornalista de La Voz de Galicia e autor do blog.

Pablo Abreu: profesor superior de pedagoxia musical e investigador.

Alfredo Sirventarquitecto. A súa participación é unha colaboración do Festival Sinsal co Espacio Sirvent.

Programa:

1ª Parada: Praza da Princesa. Comentarios sobre a Casa Teatro e o Café Méndez Núñez.

2ª Parada: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia. Narracións sobre El Casino de Vigo, Teatro Rosalía de Castro, Teatro García Barbón,etc.

3ª Parada: Casa del Libro. Comentarios sobre o antigo Café Colón e o Salón Pinacho.

4ª Parada: Escalinata Cine Tamberlick (final do paseo). Falaremos sobre o Teatro Circo, Cine Tamberlick, Salón Curty, etc.

Música en directo:

Un cuarteto de alumnos do Conservatorio Profesional de Vigo formado por Eva Fernández, Alfonso Pereira, Alexandre Rodríguez e Juan Manuel Cao achegarannos as pezas que se escoitaban por aquel entonces nos teatros propostos para este paseo sonoro. Os músicos interpretarán diante de cada edificio unha selección de ragtime, foxtrot e pezas de variedades.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: