Concello de Vigo

 


O goberno de Vigo concéntrase contra o proxecto de lei de reforma da administración local

Este xoves celebrouse unha concentración cidadá ás portas de numerosos concellos españois, tamén na viguesa Praza do Rei, para rexeitar o proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local. O alcalde, vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias, adiantou a presentación de cinco recursos de inconstitucionalidade.

 


Profesionais buscan solucións arquitectónicas para a Panifadora nun concurso internacional

O xurado do concurso internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China elixirá mañá venres a mellor proposta de rehabilitación para a Panificadora de Vigo. Así o explicou hoxe o rexedor logo dun encontro que mantivo cos responsables deste certame, patrocinado polo Concello, que ten por obxectivo ofrecer oportunidades para estudantes e arquitectos xóvenes de todo o mundo.

 


O rexedor anima a todo Vigo a asistir ao Circo do Nadal que se instalará na Avenida Castelao

O Circo do Nadal abrirá as súas portas na Avenida Castelao entre o próximo 20 de decembro e o 12 de xaneiro. Abel Caballero animou a toda área de Vigo a acudir a este evento durante a rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañdo polo responsable da compañía La Fiesta Escénica.

 


O alcalde salienta o traballo de cooperación realizado en Cabo Verde en residuos e agricultura

Abel Caballero e unha delegación caboverdiana informaron este xoves dos proxectos que realiza Vigo e Galicia, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no arquipélago atlántico. Os dous últimos proxectos cofinanciados polo Concello de Vigo, vicepresidente do Fondo, foron dirixidos á mellora da xestión de residuos en Porto Novo e á dinamización da agricultura en Santa Cruz.

 

Actividades do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo FIN DE SEMANA… DE CONTO!

 


Inauguración exposición «Gonzalo Viana. Mito, fábula e distopía»

O venres 13 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na planta primeira da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición «Gonzalo Viana. Mito, fábula e distopía».

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: