NADAL 2013 “VIGO TEN NADAL” Datas: 23,24,26,27,30 e 31 de DECEMBRO 2,3,7, e 8 de XANEIRO
Para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e buscando unha alternativa de ocio e tempo
libre nace o programa de CONCILIACIÓN NADAL 2013 dirixido a nenos e nenas de idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos.
ACTIVIDADES A LEVAR A CABO
MINI CHEFFS DE NADAL: Converteremos en Mini Cheffs a todos os participantes do campamento, no
que poderán realizar os seus estupendos doces de Nadal, pero tamén degustalos en compañía do
GRAN CHEFF!!!
ARTE MANUAL: O Nadal é unha época en que todo vólvese da cor que esta representa… É por iso que
nos tamén queremos que os nenos decoren as súas casas e o campamento con adornos típicos de
Nadal… pero realizados cas súas propias mans.
¡¡MENUDO TALENTO!!: Todos os nenos teñen un talento oculto… e este Nadal faremos que brillen con
luz propia e que os papás e mamás poidan gozar dunha gala na que verán a luz dos seus fillos.
MUSIC & DANCE: Nestas datas de tanta celebración non pode faltar a música e o baile, así que
prepararemos diferentes coreografías, xogos musicaies… todo para que a diversión sexa
asegurada.
XYMKANAS DE NADAL: Perdeuse un gorro, pero non un gorro calquera… é o máxico gorro do noso
trasno… Entre todos teremos que saber ónde se atopa, pero…. ¡CUIDADO! Este simpático personaxe
é un pouco travieso…
PATINANDO SOBRE XEO: Poremos todo o arte e nos deslizaremos sobre a pista de xeo un
ano máis. Os participantes poderán gozar dunha fantástica maña de xogos e patinaxe.
VISITAS ESPECIAIS. Ao longo de todo o campamento teremos as visitas de diferentes persoaxes
que farán, se cabe, que o campamento sexa aínda máis especial…
GALA FIN DE CAMPAMENTO. E como todo o bo ten un fin, esta será a festa máis esperada e
apoteótica que porá fin a 10 días de intenso campamento. Nun día tan especial como é o 8 de
Xaneiro, no podían faltar os nosos queridos PERSONAXES ESPECIAIS, que interactuarán cos nenos e
estarán presentes nas actuacións que estes prepararán con tanto entusiasmo. Para esta gala, á que
estarán invitados todos os papás e mamás, faremos un percorrido por todo o campamento, do que
veremos actuacións de todo tipo.
HORARIO
CAMPAMENTO: 09:00 A 14:00
AULA MATINAL: 08:00 a 09:00
SOBREMESA: 14.00 a 15.00
COMEDOR: 14:00 a 16:00
LUGAR: Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (c/Principe, 44)
¡¡DATA DE INSCRICIÓN 11 ó 17 DE DECEMBRO!!
En: SEDE DE VIGO, C/OPORTO, 3
No rexistro da Deputación de Pontevedra na sede de Vigo. C/ Oporto 3
150 prazas, a inscrición será por rigoroso orde de entrada.
Reblogged this on AsturGalicia Noticias.