O ilusionista Martín Varela enfía arte, música e teoría teatral na Fundación Novacaixagalicia
O ilusionista Martín Varela chega a Vigo e Pontevedra da man da Fundación Novacaixagalicia co seu espectáculo «Manifesto». As actuacións terán lugar os vindeiros días 14 e 15 de decembro en Pontevedra e Vigo, respectivamente. Na cidade do Lérez o espectáculo será albergado polo Centro Social da entidade, localizado na rúa Augusto González Besada, 2, ás 20.00 h; na cidade viguesa será o Centro Cultural da fundación, emprazado en Policarpo Sanz, 13, o que acolla a actividade ás 20.30 h. As localidades para a función están á venda nas canles habituais de comercialización de entradas da fundación galega: a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.