Archive | diciembre 13, 2013

BRAVO BOSCH VISITA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA MARSAN, AUXILIAR DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN QUE ESTE ANO COLABORA COA XUNTA NA FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS DESEMPREGADAS

  • Marsan4 A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu esta mañá as instalacións da empresa, no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, onde conta cunhas instalacións de 9.000 m2 a disposición dos seus clientes.
  • Marsan S.L. Transformacións Superficiais, ten un papel destacado no sector da automoción e o naval, así como noutros campos como o relacionado con bens de equipo de construción.
  • A empresa comezou este ano a colaborar coa Consellería de Traballo e Benestar, a través do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia, ofrecendo formación práctica a un total de 5 alumnos e alumnas.  
  • A través da Consellería de Economía e Industria, nos últimos anos recibiu axudas para diversos proxectos que se traducen en case 350.000 euros.

 

Vigo, 12 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ás instalacións da empresa Marsan S.L., Transformacións Superficias, auxiliar do sector da automoción e, dende este ano, un dos novos colaboradores nos cursos formativos para persoas desempregadas que organiza a Consellería de Traballo e Benestar e que se levan a cabo no Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (CIFP).

Bravo Bosch, acompañada polos responsables da empresa, Luciano Martínez Covelo e Pedro Martínez Verces, percorreu esta mañá os 9.000 metros cadrados de superficie que a empresa ten no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e nos que os seus traballadores teñen coma actividade principal as transformacións metálicas, os revestimentos e a loxística en xeral.

Marsan é ademais empresa asociada de CEAGA (Cluster de Empresas de Automoción de Galicia), do CTAG (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia – CTAG) e de ASIME.

A representante da Xunta de Galicia en Vigo fixo especial fincapé ao feito de que, dende este mesmo ano, a empresa acolle en prácticas aos alumnos e alumnas dos cursos formativos para persoas desempregadas que a Consellería de Traballo e Benestar desenvolve no CIFP de Coia. Ao longo deste 2013, e ao abeiro desta colaboración, un total de 5 alumnos e alumnas do centro realizaron prácticas na empresa, dous se atopan traballando na mesma e, neste momento, un máis está a realizar a súa formación en mecatrónica industrial durante un período de tres meses.

Bravo Bosch quixo amosar así todo o apoio e colaboración da Administración autonómica ao traballo que Marsans desenvolve en sectores tan produtivos na nosa cidade coma son a automoción e o naval e, en particular, coa formación dos traballadores a través das políticas activas de emprego que a Xunta de Galicia leva a cabo.

Ademais, a empresa contou tamén co apoio da Administración autonómica para levar a proxectos de investimento tecnolóxico, de investimento empresarial e para a adquisición de bens de equipo. En total, nos últimos anos percibiu preto de 350.000 euros en apoios económicos procedentes da Consellería de Economía e Industria.

Impulso á innovación viguesa

O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores. Estas axudas concrétanse ademais no permanente respaldo aos centros tecnolóxicos e do coñecemento, que actúan como locomotoras da innovación empresarial. Hai que lembrar así o apoio da Xunta de Galicia a Aimen, con máis de 4 millóns para o seu centro de aplicacións láser; o apoio a Anfaco, con máis de 8 millóns para a construción do seu centro tecnolóxico; o respaldo ao proxecto Atlantic,  7 millóns de euros para impulsar a colaboración de Gradiant e a Universidade de Vigo; e o financiamento por parte da Xunta do centro para investigar coches intelixentes do CTAG, un proxecto que supuxo 10 millóns de euros de investimento.

 

Rastro Portovello Decembro

1480636_415328115261344_2038027784_n  Mañán terá lugar o habitual Rastro Portovello dende as 11.00h, haberá máis de 100 postos repartidos polas rúas Joaquín Yáñez, Palma, Oliva, Triunfo, Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos  e Praza de Almeida.
Coma sempre, haberá música en directo
Intuímos que haberá un grande número de visitantes posto que coincide cruceiro e as habituais compras de Nadal.
O portovello é un mercadiño que ten coma obxectivo principal dinamizar o noso barrio. Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades…
O sábado 28 de Decembro haberá unha nova edición do Rastro (a inscripción pódese facer a través do noso correo electrónico)

 

A XUNTA OFERTA 47 PRAZAS DE EMPREGO PÚBLICO NA OEP DE 2013

A Dirección Xeral de Función Pública centra a oferta no reforzo da Axencia Tributaria de Galicia e en órganos especializados da Administración

Como mínimo un 25% destas prazas corresponderán á promoción interna e un 7% resérvanse para persoas con discapacidade

A OEP de 2013 cumpre coa taxa de reposición establecida pola Lei de orzamentos xerais do Estado

Os postos están na súa maioría ocupados provisionalmente por persoal temporal e dotados orzamentariamente, polo que non supoñen un incremento de custos ou efectivos.

El 25 de Noviembre, el Grupo Brétema participo en los actos celebrados por el Centro Sociocultural del Calvario.

Fotos 25 de novembro día da violencia de xénero 2013 002  Fotos 25 de novembro día da violencia de xénero 2013 004 Fotos 25 de novembro día da violencia de xénero 2013 020 Fotos 25 de novembro día da violencia de xénero 2013 031

Con motivo del día 25 de noviembre, Día Internacional contra la violencia de Género, El Grupo Poético Brétema colaboro en los actos celebrados por el Centro Sociocomunitario del Calvario, que como cada año organiza la dirección del Centro.

Entre otras actuaciones han recitado los siguientes poetas, Álvaro Garrido, Anselmo Prada León, Victoria Otero Otero, Kathy Almagro Barrera, Isaura Lago, Elisa Mariñas, Carmen Darriba Amoedo, Candela Fernández Mouriño y Amante Romero Álvarez.

Así como el Grupo de teatro As zocas, y otros participantes.

Una gran asistencia de público.