PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS EN DETRÁS DO MARCO – vigo

Invitación%20O%20Corazón Invitaciones Un Ovo

A EDITORIAL ELVIRA PRESENTA ESTA SEMANA DOUS
LIBROS
o O venres será o momento de dar a coñecer “Un ovo para un capricho
sexual” de Julio Alonso e o sábado será presentado o conto “O
corazón tecido de Catarina”.
Vigo, 17 de decembro de 2013. A Editorial Elvira dará a coñecer nos próximos días dous
libros, moi diferentes e dedicados a distintos públicos, pero que poden ser o regalo
perfecto para este Nadal. O venres 20 de decembro (20:00 horas, en Detrás do
Marco) presentarase o libro “Un ovo para un capricho sexual” de Julio Alonso,
mentres que o sábado 21 (20:00 horas) será o momento de coñecer “O corazón tecido
de Catarina”, de Ruth Oliveira e Alba Castillo. Ambos libros están editados en galego
e castelán e todos os interesados poderán adquirilos o mesmo día das presentacións en
Detrás do Marco (R. Londres s/n).

“Un ovo para un capricho sexual” relata as aventuras sexuais de Emeka, o seu
protagonista principal, un inmigrante negro de moi boa presenza, culto, sensible e
discreto que se prostitúe para sobrevivir e que se ve envolvido nun misterioso e
divertido enredo en compañía duns amigos dos que forma parte o propio autor. Os
feitos aconteceron no Casco Vello da cidade de Vigo no ano 2012 e cóntanse cunha
linguaxe moi próxima e sen artificios e coa autorización dos seus protagonistas, algúns
dos cales prefiren seguir no anonimato. O autor lévanos por algunhas rúas e locais
característicos da cidade e de visita obrigada, pero tamén por recantos totalmente
descoñecidos, porque todas as cidades esconden entre as súas rúas e as súas xentes
segredos e historias que de coñecelas faríannos cambiar a nosa visión da contorna en
que vivimos. Historias que nos fan comprender esoutra vida que existe nos nosos
barrios detrás de cada persoa.

Julio Alonso nace e vive en Vigo, e leva máis de 25 anos dedicado ao mundo do ensino
como profesor de laboratorio químico en Formación Profesional. É un apaixonado das
relacións humanas, das novas tecnoloxías, do mundo da comunicación e da imaxe.
Colabora habitualmente dende case dúas décadas no espazo de opinión dun periódico
local onde tamén ten publicado reportaxes. Practica a fotografía dende moi novo e a
exposición pública dos seus traballos sempre merecen o recoñecemento e a admiración
do público. O seu estilo narrativo resulta próximo e moi persoal e o seu primeiro libro,
“De vivos e de mortos”, chegou acadar o segundo posto da lista de libros máis
vendidos en Galicia perante varios meses. Agora, con “Un Ovo para un capricho
sexual” sorprenderá a máis de un lector. O libro está editado en galego e castelán e o
prezo é de 17,50 euros.

“O corazón tecido de Catarina”. É un conto ilustrado é dirixido a nenos a partir dos
seis anos. Trata sobre a falta de autoestima e soidade e da importancia do amor para
loitar contra elas. A linguaxe utilizada ofrece unha dobre lectura que invita a
interacción entre pais e nenos e chama á reflexión sobre temas como o amor, a amizade
ou o temor. O conto está editado en galego e castelán e parece un agasallo perfecto
para estas festas a un prezo moi alcanzable (11 euros).

Ruth Oliveira e Alba Castillo son as autoras do conto, no que as ilustracións teñen un
papel protagonista. Elas son deseñadoras de interiores, aínda que as súas verdadeiras
paixóns son a literatura e o arte, polo que xa levan algún tempo traballando xuntas e
creando historias a partir da particular visión de cada unha delas, e “O corazón tecido
de Catarina” é o reflexo desta posta en común.

Ruth estuda Lingua e Literatura españolas e está mergullada na que será a súa primeira
novela. Alba Castillo compaxina os seus estudios de Belas Artes co seu traballo como
ilustradora. Conta con diversas exposicións da súa obra tras de si baixo o pseudónimo
de “Lil Abi”.

Sinopse. Catarina vivía dentro dunha burbulla imaxinaria chea de tristura. Un día a súa
avoa Águeda atopa o remedio para desfacela e por fin liberar á súa neta: tecer un
corazón de la vermella.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: