Traballo Benestar da Xunta de Galiciai

GALICIA E OUTRAS CINCO COMUNIDADES ULTIMAN O SEGUNDO ENCONTRO INTERTERRITORIAL POLO CAMBIO DEMOGRÁFICO

  • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, foi a representante de Galicia neste encontro encamiñado a dar unha resposta conxunta a esta problemática
  • González lembrou que o Goberno galego ten impulsado de xeito pioneiro o Plan de dinamización demográfica 2013-2016, horizonte 2020, que conta cun total de 69 medidas específicas
  • Porase en marcha tamén unha nova medida que suporá a exención do prezo público para o segundo fillo, e posteriores, que estean matriculados nas escolas públicas da rede autonómica A Galiña Azul
  • Amparo González lembrou que Galicia está liderando un proxecto europeo de intercambio de experiencias e prácticas en materia demográfica, o programa Symbios.
  • foto1  MATO SOLICITA AO ESTADO QUE PRIME A POSTA EN MARCHA DE BOAS PRÁCTICAS DAS AUTONOMÍAS NO REPARTO DOS FONDOS DE EMPREGO

     

    • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza en Madrid coa secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo
    • Durante a reunión, abordaron diversos temas de interese no eido laboral para o Goberno galego
    • Mato destacou como unha das apostas de Galicia o proceso de acreditación da experiencia profesional, no que a comunidade autónoma é pioneira

    Madrid, 16 de decembro de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, solicitou hoxe ao Goberno central que prime a posta en marcha de boas prácticas por parte das comunidades autónomas á hora de distribuír os fondos en materia de emprego.

    Así o reclamou hoxe durante unha xuntanza que mantivo coa secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo. No transcurso desta reunión, Mato citou a execución de diversas boas prácticas en Galicia, como por exemplo o desenvolvemento da acreditación profesional.

    De feito, subliñou que esta comunidade autónoma “está a cabeza” do Estado tanto no número de acreditacións, como na posta en marcha deste procedemento.  Así, desde 2011 –ano no que realizou a primeira convocatoria-, a comunidade autónoma publicou seis convocatorias de recoñecemento que ofreceron 7.500 prazas de acreditación en distintas especialidades. Grazas a esta iniciativa, máis de 3.600 persoas acadaron un certificado completo que acredita a súa profesionalidade.

  • LA REINA PRESIDE LA REUNIÓN DEL CONSEJO DEL REAL PATRONATO SOBRE DISCAPACIDAD  BENESTAR DARÁ CONTINUIDADE AO PRIMEIRO PLAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE CUNHA NOVA ESTRATEXIA
    • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid no Real Padroado sobre Discapacidade en representación de Galicia
    • Mato destacou que o primeiro Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade da Comunidade autónoma rematou este ano cun balance positivo, xa que se executaron practicamente o 100 por cento das medidas
    • Estas actuacións beneficiaron ao ano ao redor de 100.000 persoas
    • A titular de Benestar avanzou que o orzamento de 2014 incrementa nun 6 por cento as partidas destinadas a esta área ata chegar aos 97 millóns de euros
    • Os programas de emprego para este colectivo aumentarán o seu orzamento nun 8 por cento en 2014.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: