A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA A PESCA DA LAMPREA NAS AUGAS DO RÍO TEA PARA O 2014

  • Esta orde tamén recolle a normativa desta modalidade que se desenvolverá no tramo comprendido entre a ponte do ferrocarril e a praia da Moscadeira, cun número de 48 estacadas
  • O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 10 de xaneiro de 2014 ás 11:00 horas
  • O período hábil de pesca será desde o 20 de xaneiro ata o 30 de abril, en días alternos, pescando os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares

Santiago, 18 decembro de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde na que fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para a pesca da lamprea nas augas do río Tea. Esta orde tamén recolle a normativa desta modalidade para a tempada do 2014, que se desenvolverá no tramo comprendido entre a ponte do ferrocarril e a praia da Moscadeira, cun número de 48 estacadas.

O período para participar no sorteo irá desde mañá, por ser o día seguinte ao da publicación desta normativa, ata o 8 de xaneiro. Cada solicitude deberá estar cuberta por catro pescadores. De se comprobar que o nome dun deles aparece reflectido en máis dunha solicitude, procederase á eliminación de dito pescador de todas as solicitudes nas que apareza, e darase un prazo de dez días aos restantes para cubrir o seu lugar cun novo solicitante.

 

As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude dirixida ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra, no rexistro da Consellería, nos seus departamentos territoriais ou en calquera dos lugares previstos na lei do procedemento administrativo común. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 10 de xaneiro de 2014 ás 11.00 horas. De acordo co número obtido no sorteo, cada pescador retirará un lote de permisos de 4ª categoría para toda a tempada logo do pagamento do prezo público que corresponda e presentación da licenza de pesca.

 

Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningún pescador poderá facer uso doutra autorización que non fose a propia, nin pescar desde un posto distinto a aquel que figura no seu permiso. Xunto cos consentimentos entregaranse uns libros de rexistro de capturas, que deberán ser debidamente cubertos, estar sempre á disposición da gardaría de Conservación da Natureza e ser entregados no prazo e 15 días unha vez rematada a temporada de pesca. O cumprimento destes requisitos será indispensable para optar ao sorteo da próxima tempada.

 

 

Período, ámbito e modalidades de pesca

O período hábil de pesca será desde o 20 de xaneiro ata o 30 de abril. A actibidade realizarase en días alternos, pescando os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

 

A lamprea é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

 

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no Tea serán a estacada, fisga (1 por pescador) e luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira situada en voadizo sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente e cunha lonxitude máxima que non superará a metade do leito fluvial, apoiándose nun extremo na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación da augas baixo ela.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA A PESCA DA LAMPREA NAS AUGAS DO RÍO TEA PARA O 2014”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: