O PROXECTO DE REXENERACIÓN DA FACHADA DO BERBÉS AVANZA AO DISPOÑER O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO DOS TRES PRIMEIROS INMOBLES

 O PROXECTO DE REXENERACIÓN DA FACHADA DO BERBÉS AVANZA AO DISPOÑER O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO DOS TRES PRIMEIROS INMOBLES

 Agustín Hernández, asistiu hoxe á inauguración da xornada que leva por título Casco Vello de Vigo: exemplo de rehabilitación, mirando ao futuro

  • A rehabilitación deste barrio emblemático de Vigo requirirá un investimento directo da Xunta de 3,6 millóns de euros no período 2013-2017

  • A recuperación do Casco Vello de Vigo foi un dos 15 proxectos premiados na última Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

  • Supuxo un investimento de 30 millóns de euros para adquirir 67 inmobles ata agora e que posibilita que cada vez máis familias poidan darlle vida outra vez a estas rúas

  • O conselleiro salienta que as actuacións en execución e os proxectos previstos permitirán dinamizar a vida e a economía do Casco Vello de Vigo grazas ás máis de 160 vivendas e case 50 locais comerciais

 

Vigo, 20 de decembro de 2013.- O Consorcio Casco Vello de Vigo dá un paso máis no proxecto de rexeneración da fachada do Berbés tras facerse cos tres primeiros inmobles. Así o sinalou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na inauguración da xornada que leva por título Casco Vello de Vigo: exemplo de rehabilitación, mirando ao futuro.

 

Hernández lembrou que “recentemente o Consorcio fíxose coa propiedade dos tres primeiros inmobles, cun investimento dun millón de euros, polo que podemos dicir que a rehabilitación da fachada do Berbés xa está en marcha”.

 

No proxecto de rehabilitación do Casco Vello de Vigo estaba pendente a fachada do Berbés, polo que o Plan de actuación 2013-2017 inclúe unha actuación integral para rehabilitar esta zona histórica. Esta actuación esperada e necesaria vai ser realidade grazas ao traballo que está a realizar o Consorcio Casco Vello. A rexeneración deste barrio emblemático de Vigo requirirá un investimento directo da Xunta de 3,6 millóns de euros.

 

O responsable de Medio Ambiente destacou que “a recuperación do Casco vello de Vigo é un proxecto que ademais dos parabéns dos propios veciños de Vigo xa esperta a admiración fóra de Galicia, como amosa o feito de ser un dos 15 proxectos premiados na última Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo”.

 

O titular de Infraestruturas destacou que “desde a Xunta de Galicia somos conscientes da transcendencia das actuacións de mellora e rehabilitación que este ente leva xa realizadas desde 2005, unha aposta que supuxo un investimento de 30 millóns de euros para adquirir 67 inmobles ata agora e que posibilita que, pouco a pouco, cada vez máis familias poidan darlle vida outra vez a estas rúas”.

Dinamizar o Casco Vello

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que ata o 2017 se levarán a cabo en dúas fases novas adquisicións de inmobles para a rehabilitación. A primeira das actuacións

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: