INVÉNTASE EN ASTURIAS “POITER”, O PRIMEIRO SOPORTE ESPECÍFICO PARA A GAITA

PABLO CARRERA PAIBER FURACON

-Carlos Núñez, Susana Seivane ou o escocés Fred Morrison son algúns dos gaiteiros famosos que xa se fixeron co soporte, que homologa a gaita á maioría de instrumentos.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013. O gaiteiro asturiano Pablo Carrera vén de lanzar Poiter, o primeiro soporte para gaita, que serve para calquera das súas variantes europeas.

“Aos poucos anos de comezar a tocar a gaita vin a necesidade de que houbese algunha maneira de pousar a gaita, sen se ter que recorrer a unha cadeira, mesa ou mobiliario non propio para o instrumento. Até agora non existía no mundo ningún soporte específico para deixar a gaita en repouso”, afirma o asturiano.

A guitarra, o violín, o saxo, a trompeta ou a mesma frauta contan desde hai tempo co seu soporte específico. “Particularmente no escenario, a xente podía ter a sensación de que a gaita era deixada de calquera maneira, mentres que o resto de instrumentos lucían en flamantes soportes. Non era xusto para un dos instrumentos máis antigos e elegantes da Europa percibido, ademais, como elemento identitario con peso específico por pobos como o galego ou o asturiano”, asevera o inventor do Poiter.

A noticia do novo soporte está a espallarse rapidamente no mundo da gaita, con músicos de tanto prestixio internacional como Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo, Pablo Devigo, Óscar Ibáñez, Dani Bellón ou o escocés Fred Morrison entre os seus primeiros usuarios famosos.

O Poiter, que pode adquirirse no web www.pablocarrera.com, está a experimentar tamén un notable éxito nas redes sociais. Conta cun perfil propio en Facebook, https://www.facebook.com/Poiter, onde gaiteiras e gaiteiros de todo o mundo van subindo as fotografías dos seus soportes, e cun vídeo promocional en Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=a5H3pUEmCIA

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: