O ISSGA PUBLICA A TERCEIRA FOLLA DE PREVENCIÓN SOBRE ACCESORIOS DE ELEVACIÓN DE CARGAS

 Esta última trata os aspectos técnicos cando é a empresa usuaria a que fabrica os seus propios accesorios de elevación

  • Ademais desta folla, existen outras sobre conceptos, referencias normativas e aspectos máis destacados para as comprobacións e revisións a efectuar aos accesorios de elevación de cargas; e sobre os apartados máis importantes que temos que ter en conta á hora de elaborar un procedemento de seguridade

Santiago, 26 de decembro de 2013.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de editar a terceira e derradeira folla de prevención sobre os accesorios de elevación de cargas. En concreto, esta última trata os aspectos técnicos cando é a empresa usuaria a que fabrica os seus propios accesorios de elevación para poder realizar tarefas de movemento de cargas cos seus guindastres ou outros aparellos de elevación.

Unha empresa que fabrica accesorios de elevación para o seu propio uso considérase fabricante e deberá cumprir todas as obrigas establecidas no artigo 5 da Directiva de máquinas, así mesmo, deberá tamén garantir a realización dunha avaliación de riscos para o accesorio de elevación que desexa fabricar para uso propio. Para iso, debe determinar cales son os requisitos esenciais de saúde e seguridade que se aplican ao seu accesorio de elevación e con respecto aos cales se deben adoptar medidas.

 

O expediente técnico de construción do fabricante constitúe un medio para permitir que se comprobe a conformidade dos accesorios de elevación. Antes da posta en servizo requírese a realización da proba estática de carga, tal como se establece na normativa indicada anteriormente.

 

Cada accesorio de elevación ou cada partida de accesorios comercialmente indivisible levará un manual de instrucións con condicións normais de uso, instrucións de uso, montaxe e mantemento e os límites de emprego.

 

Ademais desta folla, existen outras dúas publicadas anteriormente. A primeira indica os conceptos, referencias normativas e aspectos máis destacados para as comprobacións e revisións a efectuar aos accesorios de elevación de cargas; mentres que a segunda destaca os apartados máis importantes que hai que ter en conta á hora de elaborar un procedemento de seguridade.

 

O ISSGA, como organismo científico-técnico referente da prevención en Galicia é xerador dun coñecemento que se debe transmitir aos interesados na prevención de riscos laborais e a sociedade en xeral, elabora distintos materiais, entre os que destacan estas follas,  que seguen a ser unha das publicacións de referencia do Instituto desde que se editara a primeira en setembro do ano 2008.


Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “O ISSGA PUBLICA A TERCEIRA FOLLA DE PREVENCIÓN SOBRE ACCESORIOS DE ELEVACIÓN DE CARGAS”

  1. antonioalves324 dice :

    Siempre es importante conocer estas aclaraciones para tener todo en orden con respecto a la seguridad en la fabricación de accesorios para la elevación de cargas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: