PROPOSTA DE PROTOCOLO DE SEGURIDADE PARA O PERSOAL DE FCC DA LIMPEZA E RECOLLIDA VIARIA DE VIGO ANTE ALERTAS LARANXAS E VERMELLAS .

Neste recente temporal tratado inicial e equivocadamente como “alerta laranxa” o persoal de FCC traballou con normalidade en todas as quendas fixadas, mañá, tarde e noite con considerable risco e con numerosas incidencias de perigo,  relatadas polos propios traballadores e traballadoras.

O feito de estar varrendo nas beirarrúas con constantes desprendementos, caídas de muros, paredes,chapas e diferentes obxectos que se precipitaban á rúa dende os balcóns das casas, supuxo un risco constante que denunciamos dende a CIG. Tamén no servizo de recollida que non foi interrompido, a maiores do risco referido, o volcado de contedores completamente cheos de lixo e con peso superior aos 800 quilos puido orixinar accidentes con consecuencias fatais na integridade física do persoal.

Dende a CIG comunicamos que esixiremos á FCC e ao Concello de Vigo, ante a responsabilidade que teñen na execución do servizo e na saúde dos traballadores/as, que ante alertas declaradas laranxas ou vermellas se impoña un protocolo de seguridade que funcione cun retén en colaboración co servizo de bombeiros ou corpos de seguridade do Estado para cosos de emerxencia, pero que o servizo normal de recollida e limpeza quede suspendido mentres non se restableza a normalidade e non exista risco para vida do persoal.

Tamén recordamos que a propia Lei de Prevención outorga aos delegados/as de persoal e ao comité de empresa a capacidade de paralizar o traballo en circunstancias comprobadas de risco, e que será a nosa actuación a partir de agora senón se adoptan as medidas que corresponden neste caso, e tamén reservándonos as actuacións penais no caso de omisión deste protocolo.

Manuel Zabala,

Delegado sindical da CIG en FCC.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: