Concello de Vigo

 


Caballero anuncia a conxelación en 2014 dos prezos das tarxetas de VITRASA

O alcalde de Vigo avanzou este xoves que, de cara ao próximo ano, non subirá o prezo das tarxetas verde do VITRASA, nin a normal, nin a de estudantes, universitarios nin a social, e mantense a gratuidade para os pensionistas. As tarifas do taxi tamén quedan conxeladas.

 

O goberno de Vigo aproba o convenio publicitario con Volotea, que operará en Peinador desde xuño

Caballero indicou que a baixo coste iniciará a súa andaina en Vigo desde o 2 de xuño e operará as rutas entre Peinador e Palma, Valencia e Ibiza, cos billetes xa á venda. O convenio, que ascende a 726.000 euros en tres anos, céntrase na promoción turística da cidade.

 


O Concello habilita paneis informativos de velocidade nos accesos ao túnel de Beiramar

Abel Caballero informou este xoves da súa posta en marcha, tanto na entrada do Berbés como na de Sanjurjo Badía, co obxectivo de sinalar a velocidade dos vehículos á entrada no túnel. Se sobrepasa os límites, o panel informa da velocidade parpadeando ou en cor vermella.

 


O goberno local ofrece actividades para nenos desde o 2 ao 8 de xaneiro no Mar de Vigo

O alcalde presentou este xoves o Parque Infantil de Nadal do Concello de Vigo, que programa no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo numerosas actividades para nenos de todas as idades. O Concello procura “que os máis pequenos teñan un lugar para poder gozar e participar” de opcións de ocio e xogos no Nadal, asegurou Caballero.

 


Caballero felicitou a participantes e organización do Torneo de Nadal Concello de Vigo de Fútbol 7

O alcalde de Vigo -acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e membros da organización (Afavi) e patrocinadores- acudiu hoxe xoves a presenciar dous partidos da primeira edición desta competición, que comezaba esta mesma mañá nos campos de Navia (Municipal Pahiño) e Bouzas (Baltasar Pujales), aos que mañá se unirá Castrelos (Monte da Mina) coa entrada en xogo da categoría prebenxamín.

 


Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

A Concellaría de Normalización en colaboración co MARCO organiza os días 26,27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro obradoiros infantís de Nadal para menores a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas, en horario de 12.00 a 14.00.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: