Este xoves na Coruña preséntase ‘Cartas que veñen e van’, de Mamá Cabra e Galaxia

XA ESTÁ NAS LIBRARÍAS

 cartas_2xaneiro_vertical

Mamá Cabra e Galaxia reeditan ‘Cartas que veñen e van’ ante a demanda do público

 

Este xoves, día 2 de xaneiro, preséntase a reedición do agardado libro-disco de Mamá Cabra ‘Cartas que veñen e van’. O volume, que deu ao prelo a Editorial Galaxia, darase a coñecer en dous pases, ás cinco e ás sete da tarde no Fórum Metropolitano da Coruña. As entradas xa se poden mercar e están ao dispór das familias bonos de desconto. Ademais, xa está nas librarías esta nova edición do existoso traballo musical de Mamá Cabra de cara aos agasallos do Nadal.

 

As e os máis cativos da casa están de sorte, así como as e os docentes que demandaron nos últimos tempos este material sonoro e de lectura. Logo de que a grande acollida de ‘Cartas que veñen e van’ durante estes anos fixese que se esgotara, chega de novo o libro-disco de Galaxia e Mamá Cabra con novos arranxos nalgúns dos temas e novas ilustracións da man de María Lires.

 

Ademais, xa está nas librarías esta reedición do dito traballo co que aprender, cantar e xogar de novo coas ‘Cartas que veñen e van’. E como as cartas de verdade, as que nos traen os carteiros e as carteiras, estas tamén se poden ler unha vez, e dúas, e tres, e cantalas e rir con elas. Tamén nos contan cousas e levan a imaxinación por calquera recuncho.

 

Creado para nenas e nenos de 2 a 8 as e os compoñentes de Mamá Cabra farán de novo as delicias dos máis cativos e cativas con estas renovadas cancións. Ademais de poder xa facerse cun exemplar do libro-disco nas librarías de cara aos agasallos do Nadal, as entradas para a presentación xa se poden mercar aquí http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/forum-metropolitano/3136-mama-cabra-cartas-que-venen-e-van.html desde 6 euros, se ben existen bonos de desconto para as familias.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: