PUBLICADO NO DOG O DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O COMPLEMENTO EXTRAORDINARIO DE 206 EUROS PARA BENEFICIARIOS DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS

  • A axuda vai destinada a máis de 43.000 persoas beneficiarias de Pensións non Contributivas da Seguridade Social (PNCS); do Fondo de Asistencia Social (FAS); e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos (SGIM)
  • Só outras 2 comunidades autónomas manteñen na actualidade un complemento autonómico para este colectivo
  • Os pensionistas deberán cumprir dous requisitos: ter residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina de pensións non contributivas desde o 1 de xaneiro  ata hoxe, data de entrada en vigor do decreto
  • O pago realízase de oficio a todas as persoas que cumpran as condicións a través dunha transferencia bancaria

Santiago, 30 de decembro de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que establece ao pagamento do complemento extraordinario de 206 euros destinado ás persoas beneficiarias de Pensións Non Contributivas da Seguridade Social (PNCS); do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos (SGIM). Beneficiará a máis de 43.000 pensionistas galegos, grazas a un investimento do Goberno autonómico de preto de 9 millóns de euros.

Ademais de Galicia, só outras 2 comunidades autónomas, Andalucía e Cataluña,  manteñen un complemento autonómico destas características. Cabe destacar, ademais, que esta comunidade autónoma é a que destina unha contía máis elevada.

A contía aboarase nun pagamento único no mes de xaneiro. Esta axuda beneficiará, polo tanto, a pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva; a persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas; e ás persoas que presentan unha minusvalía e que son beneficiarias do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

Para optar a estas axudas non é necesario que os beneficiarios presenten ningún tipo de solicitude nin facer ningún trámite adicional, xa que directamente percibirán o complemento extraordinario os que xa estean cobrando as pensións mencionadas.

Para recibir estas axudas hai que cumprir dous requisitos: ter a residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina, é dicir, ser xa pensionista na data 1 de xaneiro de 2013 e permanecer nesta situación a día de hoxe, data de entrada en vigor do decreto.

O pagamento realizarase de oficio a todas as persoas beneficiarias que reúnan estes requisitos, para o que se recorrerá á información contida na base de datos da Xunta de Galicia. O pagamento efectivo farase a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde as persoas beneficiarias teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: