Archivo | enero 5, 2014

PORRIÑO CELEBRA EL DOMINGO LA LLEGADA DE LOS REYES MAGOS CON LA TRADICIONAL CABALGATA

IMG_6188

Más de 500 personas participarán de la comitiva acompañando a Melchor, Gaspar y Baltasar, iniciándose el recorrido a las 18.30 horas por las principales calles del centro urbano. Si la climatología fuese muy adversa toda la fiesta se trasladaría al pabellón

Mañana sábado, a las 17.00 horas, actuarán las rondallas de Atios y de Pontellas en A Guía y se celebrará una fiesta del cartero real en la plaza Arquitecto Antonio Palacios. 

BENESTAR ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE O PROGRAMA DE APRENDIZAXE NON FORMAL ‘XUVENTUDE EN ACCIÓN’ CON 200 PRAZAS

  • A inscrición será mediante solicitude electrónica no portal http://www.xuventude.xunta.es, desde hoxe e ata o 18 de xaneiro
  • Galicia foi unha das comunidades máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea para a realización de proxectos promovidos por asociacións e grupos informais de mozos e mozas galegos

Santa Comba (A Coruña), 3 de xaneiro de 2014.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza o próximo 25 de xaneiro a xornada ‘Programa Xuventude en Acción 2007 – 2013. Aprendizaxe non formal, difusión de experiencias e resultados’, no concello de Santa Comba (A Coruña). O número de prazas é de 200 e a inscrición será mediante solicitude electrónica no portal http://www.xuventude.xunta.es, desde hoxe e ata o 18 de xaneiro.

A mesma ten como obxectivos principais dar a coñecer os resultados dos proxectos aprobados a través do programa europeo Xuventude en Acción 2007–2013, que chega ao seu fin; proporcionar información sobre o novo programa europeo Erasmus + e promover a participación xuvenil a través da elaboración e presentación de proxectos dentro das liñas de traballo e financiamento do mesmo; ofrecer un espazo para o diálogo e o intercambio de experiencias entre os participantes en proxectos enmarcados nesta iniciativa; e difundir as boas prácticas para a aprendizaxe non formal a través de metodoloxías que fomenten a cidadanía activa europea.

A iniciativa estará destinada a participantes en proxectos do programa europeo Xuventude en Acción entre os anos 2007 e 2013, a técnicos de información xuvenil, a líderes de asociacións xuvenís, culturais ou de outros ámbitos, a monitores xuvenís, a responsables da toma de decisións políticas en materia de xuventude, e a mozos e mozas non asociados.

O programa de actividades prevé un relatorio sobre os resultados do programa, catro obradoiros sobre as distintas accións do mesmo e un relatorio sobre o Erasmus +. Así mesmo, con ocasión desta xornada, será presentado o quinto libro de mobilidade xuvenil de Galicia, que recollerá a maioría dos proxectos de mobilidade de 2013 xestionados desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este ano Galicia foi unha das comunidades máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea para a realización de proxectos promovidos por asociacións e grupos informais de mozos e mozas galegos.

Xuventude en Acción é un programa creado para promover a mobilidade dos mozos e mozas europeos, infundindo así un sentimento de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia entre a mocidade co fin de promover a súa implicación na construción europea. O mesmo fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural, e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

 

Este elevado índice de participación pon de manifesto unha importante iniciativa dos mozos e mozas galegos en temas de mobilidade e participación activa en todas as actuacións que teñan que ver coa adquisición de competencias mediante a aprendizaxe non formal. No ano 2013 foron aprobados en Galicia un total de 54 proxectos nos que participaron máis de 1.000 mozos e cun presuposto total de 853.780 euros.

 

Erasmus +

O día 31 de decembro rematou o programa Xuventude en Acción 2007-2013 e entrou en vigor, a partir do 1 de xaneiro de 2014, o Erasmus+ que é o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte.

 

Erasmus+ terá unha dotación orzamentaria total de 1.800 millóns de euros en 2014 e reflicte tres liñas diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade, tanto dos mozos e mozas como do persoal que traballa no eido da xuventude; actividades que fomenten  a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís co mundo laboral; e actividades de apoio  ao dialogo entre os mozos e os sistemas educativos, formativos e as institucións democráticas.

 

O primeiro prazo para presentar solicitudes en Erasmus+ rematará o vindeiro 17 de marzo de 2014. A información provisional e os documentos dispoñibles ata o de agora deste novo programa está aberta á consulta no portal da Comisión Europea.

LA WEB DE LA MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA DEL CSIC INCLUYE UN BUSCADOR PARA IDENTIFICAR LAS ESPECIES DE VIDES INCORPORANDO MEDIDAS DE LAS HOJAS DE CEPA

final foto aaccentia

La firma gallega AACCENTIA ha sido la responsable del desarrollo de la página que nos acerca a más de medio centenar de variedades de Galicia y Asturias

Se trata de una incorporación revolucionaria considerada como una primicia a nivel mundial que puede ser utilizada incluso sin conocimientos técnicos

Vigo, 4 de enero de 2014.- La firma gallega Aaccentia Multimedia es la responsable del desarrollo de la página web del  grupo de viticultura de la Misión Biológica de Galicia del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en la que se pueden encontrar más de mil ejemplares de 55 variedades diferentes, catalogadas por el organismo oficial en las zonas vinícolas de Galicia y Asturias.

La web que Aaccentia concibió y desarrolló como un instrumento muy visual y de fácil consulta, http://www.mbg.csic.es/vitis es perfectamente compatible para ser accedida tanto desde  PC como desde  dispositivos móviles, y presenta la singularidad de que es totalmente administrable, de forma que serán los propios científicos de la Misión Biológica de Galicia los que la irán actualizando constantemente, incorporando datos y fotografías de sus investigaciones, ya que la plataforma se considera como algo vivo.

Esa característica será, pues, muy valiosa para que se pueda acercar todos los descubrimientos del equipo investigador a toda la comunidad científica, a las empresas para promover el desarrollo de vinos originales y exclusivos y al público general, que podrá conocer la biodiversidad existente en Asturias y Galicia en variedades de vid.

NOVEDAD MUNDIAL

La página desarrollada por Aaccentia Multimedia ofrece una novedad mundial de gran trascendencia dentro del sector vitícola, al incorporar un buscador que facilita a cualquier usuario, sin necesidad de tener conocimientos técnicos, la posibilidad de reconocer la variedad de la cepa aplicando únicamente cuatro sencillas medidas sobre una hoja de vid.

Esto es posible gracias a que el Grupo de Viticultura de la Misión Biológica de Galicia del CSIC, ha registrado y analizado numerosos parámetros de un gran número de variedades de vid, hasta conseguir localizar aquellos que son discriminatorios y permiten identificar con un alto grado de certeza la variedad de que se trata.

La página web, contiene, para cada una de las variedades recogidas, fotografías de las diferentes partes de la planta e información botánica y molecular, contenidos que son el fruto de un trabajo de más de 25 años de prospección, localización, recuperación, y conservación de variedades de vid en Galicia y Asturias.

Se da la circunstancia de que de las 89 plantas con las que se iniciaron los trabajos de investigación,  más del 70% eran desconocidas, lo que confirma la importancia del trabajo realizado por el  el Grupo de Viticultura de la Misión Biológica de Galicia.

 

UNA LARGA TRAYECTORIA

Aaccentia Multimedia es una firma viguesa con más de 15 años de experiencia en el sector de las TIC, del marketing y de la comunicación. En este tiempo ha trabajado con más de  300 empresas e instituciones de diferentes sectores.

Su profesionalidad y buen hacer han sido reconocidos en el ámbito internacional con la concesión de varios premios  American Design Awards, 2 NewWebPick, 1 MyDesign Award, 2 PixelMakers, 4 AdesDesign y numerosos reconocimientos en diferentes portales de diseño web.