A XUNTA REMATA AS OBRAS DE MELLORA DO PASO INFERIOR NA ESTRADA PO-403 EN SALVATERRA DO MIÑO, ONDE INVESTIU 110.000 EUROS

  • A actuación executouse no punto quilométrico 6+450 e tivo un período de execución de 2 meses.
  • 20140107124027__MG_7593
  • O obxetivo das obras foi mellorar a seguridade e a calidade desta infraestrutura, arranxando as deficiencias da vía e o seu entorno.

 

Salvaterra do Miño, 07 de xaneiro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada do alcalde da localidade de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, realizou esta mañá unha visita ás obras de acondicionamento do paso inferior da estrada PO-403, concretamente no punto quilométrico 6+450 ao seu paso polo termo municipal de Salvaterra, que executou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas.

 

Cun investimento superior aos 110.000 euros, a actuación consistiu na mellora das pendentes existentes no paso inferior, pero tamén nunha mellora xeral da zona, tanto no que se refire ás pendentes coma noutras medidas dirixidas á recollida de augas e o perfilado de taludes. O obxetivo non foi outro que mellorar a seguridade e a calidade desta infraestrutura arranxando as deficiencias actuais da vía e o seu entorno.

 

As obras tiveron un período de execución de 2 meses, co que se remataron a finais do mes de novembro.

 

Actuacións concretas

Ata o de agora, as pendentes na rampla de entrada do paso inferior tiñan un desnivel do 21,54%, polo que coa actuación realizada, se reduciu ata chegar ao 11-12%. Doutra banda, a pendente na rampla de saída acadaba o 21%, e se reduciu ata aproximadamente o 13%. Ademais, dotouse de beirarrúas a ambas dúas ramplas de entrada e saída, cunha anchura de 1,80 metros.

 

Como actuacións complementarias, tamén importantes, procedeuse á recollida e canalización das augas pluviais e ao acondicionamento xeral do entorno, perfilado de taludes e mellora dos anchos das plataformas, ata acadar os 7 metros na entrada e aos 5 metros na saída.

 

Procedeuse tamén ao afirmado de todo o paso inferior cun paquete de firme de 30 centímetros, consistente en 5 centímetros de mistura D-12, 5 centímetros de mistura S-20 e 20 centímetros de zahorra artificial ZA-25.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: