Archive | enero 10, 2014

Concello de Vigo

 

O goberno local adicará os 6 millóns do superávit de 2012 a obras de humanización, deportes, zonas verdes e colexios públicos

A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran o investimento de preto de 6 millóns de euros que a Xunta Local de Goberno ven de aprobar. Esta partida é o superávit de 2012 que se pode investir “porque o Concello xestiona ben”, puntualizou o alcalde.

 


O Concello rematará en 8 meses a humanización de Camelias no tramo entre Independencia e Doutor Marañón


Abel Caballero visitou hoxe os traballos de mellora da rúa Camelias, unha vez rematada a renovación do saneamento en toda a primeira fase -entre Independencia e Doutor Marañón. En 8 meses rematará as obras desta primeira fase dunha humanización que na súa totalidade chegará á rúa Venezuela cun custo de 6,5 millóns.

 


O alcalde afirma que “se a pesca en Vigo faltara non saberíamos sobrevivir”

Abel Caballero destacou hoxe a importancia da pesca no emprego e na industria de Vigo durante a presentación do libro El sector pesqueiro en Vigo: evaluación do seu impacto socioeconómico, que tivo lugar esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria. Durante a súa intervención, transmitiu a súas felicitacións ao autor do estudo, Javier Touza.

 


O Concello espera acadar os 15.000 participantes nas carreiras populares de 2014

A sexta edición do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que comeza este domingo no Calvario (III Correndo por Vigo) e rematará o 21 de decembro na Alameda (LIII Gran Premio Pedestre de Nadal) contará co número máis elevado de probas da súa historia, dez, incluirá a Media Maratón de Vigo, como anunciara o pasado ano o alcalde da cidade, Abel Caballero, na presentación da edición anterior, e espera que a febre polas carreiras en ruta some 15.000 participantes nas probas de 2014.

 

O concelleiro de Seguridade acude a un encontro de grandes cidades coa Dirección Xeral de Tráfico

O obxectivo deste encontro é a implantación de medidas para a redución da siniestralidade nas grandes urbes españolas.

 


Corte de tráfico con motivo da carreira “Correndo por Vigo”

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do evento 3ª EDICIÓN DA CARREIRA CORRENDO POR VIGO, estarán pechadas ao tráfico as rúas do percorrido: Urzaíz (entre Choróns e Toledo), Pizarro, Travesía de Vigo (cara a Teis), Aragón (sentido Calvario), Urzaíz (até Jesús Fdez), Portela, Palencia, Sagunto, Urzaíz. , con acceso exclusivo para garaxes, o DOMINGO 12/01/2014 dende as 10:30 até as 13:00 horas.

 

Servizo de Almorzo Saudable do O.E. Vigo Capacita

 

ANUNCIO de Tráfico

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización na rúa Tomás Alonso, establécese sentido único nas rúas: ALFREDO BRAÑAS (cara a Eduardo Cabello) e PEDRO DEL PAZO (cara a Covadonga), dende o luns 13/01/2014 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.

El Grupo Popular exige la reprobación del concejal socialista Santos Héctor por la nefasta tramitación del expediente de ayudas sociales contra la crisis

teresa cendon

La concejala del PP, Teresa Cendón, censura que “hasta seis veces ha tenido que ir a la Junta de Gobierno, la última esta misma mañana, y el gobierno municipal no ha sido capaz de gastar la totalidad de la partida; tienen que explicar los motivos”.

  • “El Grupo Popular defendió desde el inicio que el expediente debería haberse llevado desde el departamento de Servicios Sociales y no desde la Concejalía de Empleo; se ha hecho clientelismo político con esta ayuda social”, enfatiza Cendón.
  • La edil del Partido Popular acusa de “irresponsabilidad” al alcalde y al concejal socialista y afirma que “mintieron a los solicitantes y también a los concejales en el pleno, al negar las colas y los retrasos en la adjudicación”.
  • “Ha habido irregularidades en toda la tramitación y es lamentable que un cheque de estas características, que estaba en el presupuesto de 2013, se esté resolviendo todavía a 10 de enero de 2014”, evidencia Teresa Cendón.

Iván Prado escribe sobre o 20º aniversario do levantamento zapatista desde Chiapas

clip_image002

Fai 20 anos e un día, na madrugada do 1 de xaneiro do 1994, o tempo ‘maya’ alumou a revolución máis fermosa e poética de todos os tempos. Hoxe, tralo decretado “fin da historia” e coas hordas da globalización golpeando as portas do templo chamado humanidade, segue parindo leccións de rebeldía e dignidade e, sobre todo, regalando ao mundo extraordinarias cancións de futuro e esperanza.
A única guerrilla indíxena do mundo, que naceu para desaparecer, e que leva máis de 19 anos disparando as súas iniciativas de paz verdadeira, a que se constrúe con xustiza e dignidade.
En todos estes anos non deixou de sorprender ao mundo cos seus arcoíris de resistencia pola humanidade e contra o capitalismo.

Baixo a súa pluma e as súas pasamontañas, naceu o movemento de antiglobalización internacional, tras aquel belo encontro nos 5 Aguascalientes no 96, das súas consultas intergalácticas e os seus 1111 emisarios, naceu a renovación do pensamento democrático a finais do século pasado.
Dos seus fusís emplumados, 3 anos mais tarde, xurdiu a marcha da cor da terra que uniu todas as loitas de abaixo á esquerda deste México devorado polo seu pai o Deus da guerra e o diñeiro.
Coa Sexta Nacional e Internacional xurdiu a oportunidade de dar a voz aos sen voz, de sumar vida ante a explosión de morte que os poderosos impoñen aos de abaixo, de globalizar a esperanza ante a globalización do medo.

A marcha do Delegado Zero permitiu escoitar o berro desgarrado dun país que sofre un xenocidio silencioso e sistemático amparado nas leis do mercado e do pensamento neoliberal, dando lugar ao invento máis rebelde da democracia real mexicana chamado “La Otra Campaña”.
Desde a creación dos Aguascalientes e a súa primeira Convención Nacional Democrática, ata o nacemento dos ‘Caracoles’, o EZLN e as súas bases de apoio non cesaron de levantar bandeiras de creatividade e liberdade, para poder soñar un mundo onde caiban todos os mundos, e repensar de novo os camiños para a convivencia en sociedade.
Ducias de propostas de democracia, xustiza e dignidade que calaron en millóns de persoas dos 5 continentes, un Quetzalcóatl de renovación do pensamento crítico e a loita dos pobos polas promesas da revolución francesa. Unha nova Comuna de París estendida no tempo e na xeografía que demostra cada día que a utopía pódese camiñar e que o futuro é un lugar fermoso onde construír a nosa casa común como seres humanos.

Hoxe, de novo, e para calar ás voces do sistema, os e as zapatistas volvéronnos espertar deste letargo fatal, coa súa Escuelita Zapatista, sen dúbida a forma mais extraordinaria de explicar a loita zapatista pero sobre todo o acto mais xeneroso que nunca un movemento social antagonista tivese xestado na historia universal.
Logo de celebrar os seus vinte anos de levantamento armado, puiden compartir durante case unha semana a súa vida como indíxenas, os seus soños como humanos e sobre todo a súa maxia como rebeldes que fixeron da súa práctica cotiá o mellor ensino para a construción dun mañá máis xusto e cheo de esplendor.
Pero iso é farina doutra tortilla…
Continuará.

Iván Prado.
Oventic 2 de xaneiro do 2014.

Os Centros de Maiores da Fundación Novacaixagalicia retoman as súas actividades de ocio

Os centros de maiores da Fundación Novacaixagalicia comezan de novo as súas actividades este mes de xaneiro cunha oferta de ocio na que continúan co desenvolvemento das súas actividades e engaden novas propostas á súa oferta formativa. Desde este mes e ata xuño os seus usuarios poderán gozar dos novos obradoiros de motricidade manual, iniciación á danza oriental, costas saudables, pintura educativa, protagonistas da historia, memoria dixital, teatro radiofónico, cultivos hidropónicos, escritura creativa e cociña sa de microondas. Ademais desta nova oferta, os centros manteñen os seus programas habituais.

 

 

A Fundación Novacaixagalicia trae a Vigo Time Travellers dentro da súa programación para escolares

Máis de 3600 escolares de 65 colexios de Vigo e a súa comarca terán a oportunidade de acudir á representación da obra Time Travellers. O espectáculo, que se desenvolve integramente en inglés, está incluído dentro da programación de artes escénicas e musicais para escolares que a Fundación Novacaixagalicia deseñou para este curso 2013-2014 e á que se apuntaron en toda Galicia máis de 75 000 estudantes. As representacións terán lugar os próximos días 13, 14, 15 e 16 de xaneiro en funcións que comezarán ás 10.00 e ás 12.00 h no Centro Cultural da fundación galega na cidade viguesa, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

 

O DOG PUBLICA AXUDAS QUE SUMAN 50,4 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE DE MÁIS DE 15.500 PERSOAS EN PARO

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, presentou hoxe as convocatorias destas liñas de subvención en materia de formación, obradoiros de emprego, programas integrais e orientación
  • Trátase só dunha parte de todo o investimento que realizará o Goberno galego no eido laboral ao longo deste ano
  • En formación priorizaranse os sectores máis innovadores, como a internacionalización, o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico
  • Os programas integrais primarán os proxectos de xestión compartida, e tamén incluirán criterios de puntuación para aqueles que se desenvolvan nas provincias de Lugo e Ourense, de acordos cos Plan Impulsa Leer Más…

Rastro Portovello Xaneiro – Vigo

PORTOVELLO XANEIRO  Mañán  Sábado 11 de xaneiro, terá lugar a habitual edición do Rastro Portovello  en estasnas rúas do Casco Vello de Vigo en horario de 11.00h a 21.00h.


O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos).
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades… 

AJE acoge la primera Reading Club de 2014 con Pablo Campos, project manager de Google

Vigo, 10 de enero de 2014.- El próximo lunes, 13 de enero, la sede de AJE acoge la primera Monday Reading Club del año, que contará con la presencia de Pablo Campos, project manager de Google en Zurich. El Monday Reading Club es un espacio de lectura que se reúne en torno a un libro que trate sobre marketing online. El esta nueva cita, Pablo Campos centrará la charla en el título Y Google, ¿cómo lo haría?, de Jeff Jarvis.

Aje Galicia colabora y apoya este club por su interés en potenciar iniciativas innovadoras que beneficien a la comunidad emprendedora.

La charla se desarrollará el próximo 13 de enero a las 19.25 h. en la sede de AJE Galicia (Príncipe 53, 1º Oficinas 1-2).

 

 

ROMÁN RODRÍGUEZ AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO ACORDO UNÁNIME NO PLAN DE TRABALLO DA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A NOVA LEI DO SOLO

 ROMÁN RODRÍGUEZ AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO ACORDO UNÁNIME NO PLAN DE TRABALLO DA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A NOVA LEI DO SOLO

 Comparecerán 32 persoas, entre as que figura o conselleiro Agustín Hernández, representantes da administración local, sindicatos, xurídicos, das universidades e dos colexios oficiais

  • ·        “O obxectivo é escoitar á sociedade civil e que participe na elaboración desta nova Lei, de xeito que o resultado sexa unha proposta equilibrada, plural e proporcionada”, afirmou o portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular

 

  • ·        Demandou a todas as formacións políticas “altura de miras para poder elaborar unha nova Lei do Solo que incremente a calidade de vida dos cidadáns e facilite desenvolvemento das actividades produtivas”