TRABALLO PRESENTA ÁS COOPERATIVAS O BORRADOR DA LEI DE ECONOMÍA SOCIAL QUE FOMENTARÁ O AUTOEMPREGO E A SÚA VISIBILIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na reunión do Consello Galego de Cooperativas, ás que calificou como “un modelo cun arraigo especial en Galicia que está a consolidarse ano tras ano”
  • En Galicia existen na actualidade 1.205 cooperativas activas que contan con máis de 90.000 socios, un 8% máis das que había en 2009
  • Mato avanzou a creación dunha marca cooperativa, que se converterá nun novo selo de certificación que agrupará a todas as empresas cooperativas de Galicia baixo unha mesma identidade

Santiago, 13 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar presentou hoxe no Consello Galego de Cooperativas o borrador da nova Lei de Economía Social, que ten como obxectivos darlles unha maior visibilidade social, regular estruturas básicas e órganos de representatividade, poñer en marcha medidas de fomento do autoemprego, emprendemento e colaboración empresarial, ou a creación da figura das cooperativas xuvenís, entre outros.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, calificou ás cooperativas como “un modelo cun arraigo especial en Galicia que está a consolidarse ano tras ano” na Comunidade. De feito, desde o ano 2009 creáronse 255 novas e, no último exercicio, un total de 64. Desta maneira, en Galicia existen na actualidade 1.205 cooperativas activas que contan con máis de 90.000 socios, máis de 4700 dos que había en 2009, isto é, un 8 por cento máis.

A titular de Traballo indicou que o borrador da Lei presentouse ás cooperativas coa finalidade de consensuar dita norma con eles para poder enviar o anteproxecto definitivo ao Parlamento ao longo deste ano.

Neste sentido, Mato explicou que o borrador pretende dar maior visibilidade social a esta fórmula, difundindo as súas vantaxes, beneficios e valores engadidos. Para iso será importante a creación de estruturas básicas e órganos de representatividade como a constitución dun novo órgano asesor na materia: o Consello da Economía Social de Galicia.

 

Ademais, a Lei vai poñer en marcha medidas de fomento do autoemprego, o emprendemento e a colaboración empresarial; contémplase tamén a introdución da economía social nos plans de estudo, no eido educativo, especialmente nos niveis previos ao acceso laboral; e crearase a figura das cooperativas xuvenís, que van estar constituídas maioritariamente por mozos de entre 16 e 29 anos, para facilitar o autoemprego da xuventude e un marco apropiado para o seu desenvolvemento profesional.

 

Doutra banda, neste encontro Beatriz Mato aproveitou para avanzar o decreto polo que se vai regular unha marca cooperativa, que se converterá nun novo selo de certificación que agrupará a todas as empresas cooperativas de Galicia baixo unha mesma identidade.

 

Mato aclarou que o obxectivo é acoller dentro desta marca o maior número de cooperativas posibles, “converténdoo así nun elemento integrador que poña en valor os principios de equidade, sostibilidade e calidade cos que traballan estas empresas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: