Archivo | enero 17, 2014

PROYECCIÓN DEL FILME “SIGO SIENDO, KACHKANIRAQMI”

Este viernes 17 de enero se presenta para el público en general la película peruana “Sigo Siendo. Kachkaniraqmi”. El filme será exhibido en Madrid, Barcelona, Lleida, Bilbao, Vitoria, Las Palmas de Gran Canaria, Vigo y Alcalá de Henares, luego podrá ser apreciada en otras ciudades.

A continuación les enviamos las salas en las que pueden verla desde el 17 de enero.

Madrid:
Acteón, Pequeño Cine Estudio

Barcelona:
Maldá, Zumzeig

Lleida:
Funatic

Bilbao:
Multicines 7

Vitoria:
Florida

Vigo:
Multicines Norte

Alcalá de Henares:
La Dehesa

Finalmente, esperamos contar con vuestra presencia y la de vuestra audiencia en el estreno a nivel nacional del filme “Sigo Siendo. Kachkaniraqmi” en España, película distribuida por cineastas peruanos de la productora, Quechua Films, de la mano de Pirámide Films.

Para cualquier información adicional escribir al correo: prensa@quechuafilms.com. Sobre horarios y salas les invitamos a visitar la página web de cada Cine para mayor información.

A CIG-ENSINO presenta en Inspección de Traballo denuncia contra o xerente do San Xerome por impedir que os delegados de persoal realicen as súas funcións

 A CIG-Ensino presentou denuncia contra o Xerente do San Xerome, Feliciano Valcárcel, por impedir a realización das funcións sindicais aos tres delegados de persoal.

 As e os delegados de persoal teñen recoñecido por lei o dereito a un crédito horario mensual para a exercicio das súas funcións, un dereito que non está supeditado ao criterio da empresa e que simplemente debe ser comunicado con antelación.

 Pois ben, a pesar de ter comunicado a utilización das horas sindicais, mesmo con 72 horas de antelación, o Xerente impediu que os tres delegados usasen as horas sindicais o pasado 14 de xaneiro alegando que non recibira a comunicación, cando esta central sindical ten no seu poder e lle fixo chegar á inspección o documento que confirma a recepción da comunicación.

A CIG-Ensino denuncia esta actitude do Xerente que pretende así impedir o exercicio da liberdade sindical. Esta central tentou evitar que o Xerente incumprise a lei e realizou as xestións necesarias para que esta situación non se producise, mais o Xerente teimou na súa postura. Nesta situación a CIG-Ensino terá que presentar contra del denuncia por vulneración dos dereitos fundamentais no xulgado, pois iso é o que está vulnerando ao impedir coller as horas sindicais.

Cómpre engadir que a Asociación correo risco de ser sancionada economicamente por mor desta actitude do Xerente, quen admitiu ante a inspección de traballo que aceptaría a sanción se se producía. Ante isto temos que preguntarnos cal é a xestión dos recursos que se fai no San Xerome Emiliani, onde foron despedidas catro persoas segundo o centro por motivos económicos, mais como dixemos no seu día, non eran estes os motivos reais, e vémolo agora cando parece que non hai ningún problema por afrontar sancións económicas por incumprir a lei.

TRABALLO IMPULSA UN PROXECTO DE EMPREGO QUE FOMENTARÁ A INSERCIÓN LABORAL DE 50 MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO EMPRENDEMENTO NO RURAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe na Coruña esta iniciativa, que terá as súas sedes en Coristanco e Melide
  • Este proxecto, que se inscribe na estratexia comunitaria de Garantía Xuvenil, foi seleccionado entre unha multitude de plans, dos que só uns 15 foron aprobados en toda Europa
  • O obxectivo é acadar entre o 40 e o 50 por cento de inserción laboral dos participantes, que poden proceder de calquera punto da comunidade autónoma
  • Para conseguilo, realizarase un proceso de acompañamento e asesoramento personalizado, ao tempo que se explora e investiga o territorio en busca de oportunidades
  • Os mozos e mozas interesados poden comezar a inscribirse hoxe mesmo

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa “Aval xóvenes”, que tratará de fomentar a inserción laboral e mellorar a empregabilidade de 50 mozos e mozas de entre 18 e 25 anos. A iniciativa está orientada especialmente ao emprendemento e autoemprego, aproveitando as oportunidades das zonas rurais.

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, presentou hoxe esta actuación, nun acto no que tamén estivo presente o coordinador da Estratexia europea de emprego da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea, Gregorio de Castro.

De feito, este proxecto inscríbese no marco da estratexia de Garantía Xuvenil posta en marcha pola Unión Europea, que ten como fin garantir que todos os menores de 25 anos que rematen a súa educación formal ou estean desempregados reciban unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo máximo de 4 meses.

Dentro desta estratexia, habilitouse unha convocatoria para iniciativas innovadoras e experimentais. Recibíronse unha multitude de solicitudes, pero só unhas 15 foron aprobadas en toda Europa. Entre as seleccionadas, atópase o programa galego, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Autoemprego no rural

Os principais obxectivos do plan son dous: crear novas oportunidades de emprego e emprendemento para a mocidade; e, simultaneamente, dinamizar as zonas do rural nas que se desenvolven estas iniciativas. Búscase, polo tanto, aproveitar as vantaxes das áreas rurais, que “posúen uns recursos propios e diferenciados, que se deben explotar para xerar novas oportunidades de emprego e de negocio”, subliñou Mato.

Para acadar estas metas, os participantes contarán cun proceso de acompañamento e asesoramento personalizado. Ao mesmo tempo, realizarase unha investigación do territorio para coñecer as oportunidades que ofrece. Ao conxugar estas dúas actuacións (as potencialidades dos participantes e do contorno), “pódense acadar os resultados buscados”.

As dúas sedes estarán situadas en Coristanco e Melide. Ambas foron elixidas polo elevado número de mozos e mozas que abandonaron esas zonas, así como polo seu potencial para ofrecer oportunidades en eidos como o turismo, a diversificación agraria, os servizos ou as persoas maiores.

Os participantes, que terán como máximo 25 anos e poderán proceder de calquera punto da comunidade autónoma, deberán cumprir algún deste perfís: estar rematando a súa cualificación profesional; tela xa rematada e estar en situación de desemprego; ou estar en paro sen ningunha cualificación profesional.

O proxecto divídese en tres fases. A primeira comeza hoxe mesmo coa apertura do prazo de inscrición para os interesados, que terán 15 días para anotarse (ata o 2 de febreiro) a través da páxina web http://xuventude.xunta.es. A partir de aí, formaranse os dous grupos de traballo de 25 persoas cada un.

A segunda etapa consiste na orientación de cada un dos participantes cara o proxecto de emprego ou emprendemento máis axeitados ás súas características. A pesares de ter un forte carácter lectivo, durante esta fase tamén se potenciará a parte práctica, integrando aos beneficiarios no marco local e establecendo relacións cos actores do territorio.

Por último, realizarase o obradoiro de proxectos. Nel, os participantes contarán con asesoramento do equipo técnico para ultimar os seus proxectos. O obxectivo final é acadar entre o 40 e o 50 por cento de inserción laboral, aínda que a totalidade dos beneficiarios verán mellorada a súa empregabilidade.

Na realización deste programa colaboran outros socios, tanto públicos como privados, entre os que se atopan a Deputación da Coruña, ou asociacións para o desenvolvemento rural ou empresarios. O orzamento ascende a preto de 200.000 euros, dos que o 90 por cento corresponde a fondos europeos.

Esta iniciativa forma parte das distintas actuacións que está a impulsar o departamento autonómico para facer fronte ás cifras do desemprego xuvenil, unha área na que se seguirá traballando a través da posta en marchas de novas medidas, segundo adiantou Mato.

UN TOTAL DE 378 ESCOLARES DE 6 CENTROS EDUCATIVOS E UNHA ASOCIACIÓN DE VIGO COMEZAN ESTE ANO AS VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS

  • _MG_0978
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañou esta mañá ao primeiro grupo de 80 alumnos e alumnas do IES Valadares que, en dúas quendas, coñeceron os valores naturais e patrimoniais do Parque Nacional.
  • Durante as vindeiras semanas, asistirán membros da Asociación Amigos dos Pazos así coma nenos e nenas do CEIP Altamar, Frián-Teis, A Paz, Alborada e Andersen.
  • Calquera centro escolar ou colectivo pode participar neste tipo de visitas concertadas cubrindo unha solicitude que se pode atopar na páxina web.
  • No transcurso das visitas, realízanse actividades dinámicas adaptadas aos distintos grupos de idades empregando as salas e elementos do edificio Cambón.

Vigo, 17 de xaneiro de 2014.- Esta mañá comezaron no Centro de Interpretación e de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas as visitas guiadas organizadas e dirixidas a grupos escolares ou colectivos sociais ou culturais.

Dende hoxe e durante as vindeiras semanas, un total de 378 escolares de educación infantil, primaria e secundaria de 6 centros educativos e unha asociación cultural de Vigo pasarán polas instalacións do edificio Cambón para coñecer os valores naturais e patrimoniais dos catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre.

 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañou esta mañá ao primeiro grupo e máis numeroso, 80 alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Valadares que, en dúas quendas, realizaron actividades guiadas polas distintas salas do centro co fin de coñecer a historia, as paisaxes, a biodiversidade, as especies e ecosistemas máis representativos así coma o significado e valor dos espazos que conforman as illas.

As vindeiras semanas continuarán estas visitas de grupos organizados estando xa prevista a asistencia de 20 persoas da Asociación Amigos dos Pazos de Vigo así coma alumnos e alumnas do CEIP Altamar (126 nenos e nenas de educación primaria); un grupo de 34 rapaces de 5º de primaria do CEIP Frián-Teis; 20 nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP A Paz; un grupo de 23 alumnos e alumnas de 5º de primaria do colexio Andersen e, por último, 75 cativos de educación infantil do colexio Alborada.

 

Bravo Bosch puxo en valor a importancia destas visitas para dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais dos arquipélagos destacando que calquera centro escolar ou outros colectivos que así o desexen poden participar deste tipo de iniciativas guiadas cubrindo unha solicitude que se atopa na páxina web www.parquenacionalillasatlanticas.com ou poñéndose en contacto co centro.

 

A Fundación Novacaixagalicia acolle en Vigo un concerto de Pasión Vega e Dúo del Valle

novacaixagaliciaPasión Vega e o Dúo del Valle achegarán a Vigo o singular espectáculo Dos Pianos con Pasión (Cartas desde Nueva York) que conxuga a voz cálida e chea de sentimento da solista co temperamental piano dos irmáns del Valle, artistas todos eles que gozan do recoñecemento da crítica e do público. O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xaneiro, ás 21.30 h no Centro Cultural da fundación galega en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13. As entradas para o espectáculo xa están á venda nas canles habituais de comercialización de localidades da fundación galega: a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.

 

A Xunta de Persoal de Galaria en Vigo denuncia a actitude do Sergas no que respecta á distribución de pacientes na provincia de Pontevedra

A representación sindical da empresa pública de servizos sanitarios sostén que a medida será prexudicial para a cidadanía porque obvia o criterio de proximidade

A Xunta de Persoal de Galaria en Vigo, empresa pública de servizos sanitarios, denuncia a actitude do Sergas ante as últimas medidas de distribución de pacientes que afecta á provincia de Pontevedra ao entender que será prexudicial para a cidadanía porque obvia o criterio de proximidade.

Segundo explica a representación dos traballadores/as, en Galaria estas medidas inciden directamente sobre as unidades de Cardioloxía Intervencionista e Cirurxía Cardíaca. “Isto é enormemente prexudicial para a cidadanía, tanto polo enorme trastorno que supón desprazarse fóra da actual área, obviando o criterio de proximidade, así como por non saber a día de hoxe o que pasará coas urxencias”, indican.

Diante disto, a Xunta de Persoal amosa a súa repulsa por estas medidas adoptadas de xeito definitivo e unilateralmente. “Manifestamos a nosa gran preocupación non soamente pola asistencia na comarca de Vigo, senón tamén polo futuro dos cadros de persoal que se verán afectados por unha máis que probable redución e redistribución de persoal”. Critican que a Consellería de Sanidade ‘agradeza’ deste xeito o esforzo dos profesionais para a posta en marcha destas unidades.

 

“Non sabemos se estas medidas rematarán aquí ou se continuarán con outras unidades como Radioterapia, que actualmente, por estar á espera da substitución dun dos aceleradores, deriva pacientes ao hospital Povisa e a Santiago de Compostela”, sosteñen.

 

Finalmente, a Xunta de Persoal e Galaría, dada a falta de respecto cara aos doentes e aos profesionais desta empresa pública de servizos sanitarios, anuncia que tomará todas as medidas necesarias para que o Sergas dea marcha atrás na súa decisión”.

 

Xunta de Persoal

Galaria de Vigo

A Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo reclama a gratuidade do bonobús cunha protesta ás portas do consistorio

Unha representación do colectivo entrevistouse co alcalde para trasladarlle tamén a proposta da exención das taxas municipais para parados/as de longa duración
A Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo volveu reclamar hoxe a gratuidade do bonobús e a exención ou rebaixa das taxas municipais para os parados/as de longa duración cunha protesta ás portas do consistorio. A mobilización, que terá continuidade nos vindeiros días, coincidiu coa xuntanza que unha representación do colectivo mantivo co alcalde para trasladarlle a proposta.
2014 01 16 DesempregadosBusConcelloVigo01

Un nutrido grupo de persoas acudiu á convocatoria da Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG-Vigo e concentrouse a partir das 10.00 horas diante do edificio municipal situado na Praza do Rei para reivindicar a gratuidade do bonobús e a exención ou rebaixa das taxas municipais para os parados/as de longa duración.

A protesta, que terá continuidade nos vindeiros días, desenvolveuse coincidindo coa xuntanza que unha representación do colectivo mantivo co alcalde para abordar a viabilidade das propostas.

Durante a reunión, que se prolongou por espazo dunha hora, o rexedor sostivo que a cuestión das taxas (exención da cota do lixo e do IBI, por exemplo) non vai ser posíbel porque o Goberno central non o permitiría, segundo explicou un dos voceiros da Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG-Vigo, Arturo Mouco.

En canto á gratuidade do bonobús -tal e como indicou Mouco- o primeiro edil da cidade recoñeceu que non se pode facer porque Vitrasa, a empresa concesionaria do servizo, non quere, ademais de que suporía a quebra do Concello ao cuantificar o custe da medida en 20 millóns de euros.

“Nós lembrámoslle que noutras cidades galegas existen fórmulas que permiten contar con bonobuses a prezos simbólicos”, aclara Mouco. Diante disto, anunciou que o colectivo manterá as mobilizacións para reivindicar estas propostas, “aínda que estaremos á espera da resposta final do alcalde, que se comprometeu a dicirnos algo nos próximos días”.

A XUNTA PAGOU EN 2013 AS SÚAS FACTURAS NUNHA MEDIA DE 26,8 DÍAS, UN 40% MENOS QUE O EXERCICIO ANTERIOR

§ Galicia sitúase entre as administracións que paga con máis axilidade

No conxunto de 2013, levou a cabo preto de 176.000 pagamentos na Administración xeral e no Sergas

O importe dos pagos efectuados pola Xunta superou os 8.800 millóns de euros, o que representa o 15,72% do PIB autonómico

O nivel de pagamentos ata o terceiro trimestre de 2013 foi 12 puntos mellor que a media de comunidades, segundo os datos do Ministerio de Hacienda

A Administración galega mantivo durante todo o ano como prioridade o gasto de carácter social e a atención a pequenos provedores, autónomos e pemes, axilizando os pagamentos a farmacias, Risga e atención á dependencia e discapacitados.

 

A compañía galega ‘Bandullo Azul’ chega a Portugal co seu primeiro espectáculo

Robinson Crusoe e Venres FOTOS-1
A compañía teatral galega ‘Bandullo Azul’ chega mañá sábado a Portugal co seu primeiro espectáculo ‘A Verdadeira historia de Robinson Crusoe’, dirixida por Evaristo Calvo.
Logo de varias, e exitosas, representacións en Galicia durante este 2013, Fran Campos e Fran Ameixeiras, os actores da obra, levan a peza ao V Encontro de Teatros de Esposende (Portugal).