Noticias CIG

LIGAZÓN: Traballadores/as e delegados/as da CIG en Unísono protestan na empresa en Vigo para reclamar a readmisión de dúas compañeiras

A CIG de Vigo inicia a explicación pública da ILP polo emprego e a recollida de sinaturas de apoio

P1660534

O secretario comarcal lembrou que o desemprego na bisbarra aumentou en 22.852 persoas dende 2007

A Unión Comarcal da CIG de Vigo anunciou hoxe o inicio da segundo fase da campaña de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para o crecemento económico e a creación de emprego, que consistirá na explicación pública das medidas que contén a iniciativa e na recollida de sinaturas de apoio. O secretario comarcal da central nacionalista incidiu na importancia da proposta tendo en conta a grave situación que atravesa a bisbarra, onde o desemprego aumentou en 22852 persoas dende 2007.

O máximo responsábel da CIG-Vigo, Serafín Otero, compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto á secretaria de Eleccións Sindicais, Raquel Pérez, para dar conta dos actos que a central nacionalista ten previsto desenvolver no marco da campaña de explicación pública da ILP e da recollida de sinaturas de apoio.

Otero explicou que o obxectivo fixado pola CIG a nivel nacional é lograr un total de 15000 sinaturas, das que aproximadamente 7000 serán recollidas na bisbarra de Vigo, no Morrazo (coa excepción de Marín, que se agrupa na Unión Comarcal de Pontevedra) e no Baixo Miño. “A nosa intención é abrir un debate no conxunto da sociedade porque entendemos que é posíbel aplicar políticas alternativas que favorezan a creación de emprego digno”, sinalou.

No que respecta á explicación pública das medidas que propón a central nacionalista na súa ILP, o secretario comarcal da CIG-Vigo comentou que nos vindeiros días elaborarán un calendario de actos informativos a celebrar na Universidade, nos institutos e nos locais dos movementos veciñais.

Ao mesmo tempo, levarán a cabo concentracións de protesta para visibilizar a problemática do desemprego e instalarán mesas para recoller as sinaturas de apoio á iniciativa. A idea é que a suma de apoios remate no mes de abril, data na que está previsto teña lugar o debate no parlamento.

Serafín Otero fixo fincapé na importancia da proposta tendo en conta a grave situación que atravesa a bisbarra, onde o desemprego aumentou en 22852 persoas dende 2007. Este e outros datos sobre a evolución do desemprego na comarca figuran no informe presentado polo responsábel sindical durante a rolda de prensa.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: