BENESTAR DESTACA A APOSTA DO DEPARTAMENTO POR MELLORAR A CALIDADE DE VIDA E A INSERCIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe á sinatura dun convenio de colaboración entre Down Galicia e Grupo Norte para o desenvolvemento do programa ‘Emprego con apoio ás persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual’
  • Mato destacou que o departamento autonómico aumentou un 8% os programas de emprego para discapacidade, ata acadar un investimento de 17,4 millóns de euros
  • Ademais apuntou que Benestar destinou preto de 5,3 millóns de euros desde 2009 para financiar distintas liñas de colaboración con Down Galicia
  • Tras aprobar o consello da Xunta en decembro o Decreto de Atención Temperá e, logo da entrada en vigor o pasado 1 de novembro da nova carteira de servizos, está previsto tramitar no Parlamento o proxecto de lei de Accesibilidade antes do verán

Santiago, 22 de xaneiro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe a aposta do departamento que dirixe por mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e seguir fomentando a súa integración social, especialmente a través da inserción sociolaboral. Así, nos orzamentos para o ano 2014 incrementouse en preto dun 6% as partidas para este colectivo ata superar os 97 millóns de euros.

 

Beatriz Mato presidiu hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre Down Galicia e Grupo Norte para o desenvolvemento do programa ‘Emprego con apoio ás persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual’.

 

Mato apuntou que o departamento autonómico destinou preto de 5,3 millóns de euros desde 2009 para financiar distintas liñas de colaboración con Down Galicia, como o convenio anual para o desenvolvemento da súa programación, plans de cooperación, orientación, axentes de emprego, fomento da contratación, cursos AFD, plans integrados, voluntariado e iniciativa xove.

 

Doutra banda, segundo explicou a titular de Benestar, este Goberno está a demostrar o seu apoio ás persoas con discapacidade desde a súa chegada en 2009. De feito, entre 2010 e 2013 desenvolveuse o primeiro Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, que contou con 305 medidas concretas e acadou unha execución do 100%.

 

Así mesmo, Mato lembrou que o departamento autonómico aumentou un 8% os programas de emprego para discapacidade, ata acadar un investimento de 17,4 millóns de euros.

 

Por último, na súa intervención, Mato aproveitou para enumerar as actualizacións levadas a cabo no marco lexislativo co obxectivo de incrementar a integración laboral. Tras aprobar o consello da Xunta en decembro o Decreto de Atención Temperá e, logo da entrada en vigor o pasado 1 de novembro da nova carteira de servizos, está previsto tramitar no Parlamento o proxecto de lei de Accesibilidade antes do verán.

 

Ademais, o pasado mes de decembro o Parlamento de Galicia aprobou tamén a Lei de racionalización do sector público. Trátase dun texto que contempla a reserva de contratos para centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral  co obxectivo do fomento da inclusión activa. Esta lei establece, por exemplo, un límite mínimo do 3% para os contratos reservados e, ademais, a reserva para centros especiais de emprego poderá aplicarse a procedementos sen límite de contía.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: